Os malos pastores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os malos pastores (título orixinal en francés: Les Mauvais Bergers) é unha obra de teatro escrita por Octave Mirbeau en 1897, drama en cinco actos en prosa que se representou por primeira vez o 14 de decembro de 1897 no teatro do Renacemento, París, con Sarah Bernhardt e Lucien Guitry, os dous grandes actores de teatro da época.

Louis Malteste, 1897

Argumento[editar | editar a fonte]

Trátase dunha traxedia proletaria, a historia dunha folga obreira, organizada por un líder anarquista, Jean Roule. Os folguistas tópanse de fociños coa intransixencia de Hargand, o patrón, e do goberno, que envía ás tropas para esmagar aos insurxentes.

No quinto acto triunfa a morte, pechando a porta a calquera xerminación futura: Madeleine, a moza obreira, amante de Jean Roule, é asasinada ao seu carón polo que o neno que agardaban non verá endexamais a luz.

Tradución ao galego[editar | editar a fonte]

No ano 2010 foi publicada en galego por Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, en tradución de Maria Obdulia Luis Gamallo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]