Os cazapantasmas
| The Real Ghostbusters | |
|---|---|
| Formato | Aventuras |
| Creado por | Dan Aykroyd Harold Ramis |
| Desenvolvido por | Sony Pictures Television DiC Entertainment[1] (Cookie Jar Entertainment) |
| Intérpretes | Animación |
| País de orixe | |
| Número de episodios | 147 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Joe Medjuck Micheal C. Gross |
| Duración | 30 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | ABC[2] En sindicación |
| Tempo de emisión | – 22 de outubro de 1991 |
Os cazapantasmas é unha serie de debuxos animados para a televisión baseada no filme de 1984 Ghostbusters que se emitiu de 1986 a 1991. En Galicia a Televisión de Galicia emitiuna en 1992.
Desenvolvemento [editar]
A serie emitiuse orixinalmente de 1986 a 1991, producida por Columbia Pictures Television, DiC Entertainment e Coca-Cola. Na versión orixinal os produtores tiveron que lle engadir "The Real" logo dun contencioso con Filmation que tiña a súa propia versión animada, os Ghost Busters.[3] A serie segue as aventuras un grupo de parasicólogos Peter Venkman, Egon Spengler, Winston Zeddemore, Ray Stantz, a súa secretaria Janine Melnitz e a súa mascota a pantasma Moquete[4] que investigan diversos fenómenos paranormais.
O doutor Peter Venkman é quen toma a decisión de aceptar cada caso, o doutor Egon Spengler é o xenio científico que proporciona a tecnoloxía que o grupo precisa para interactuar co reino etéreo, en moitos dos episodios, Egon atopa a solución cando xa se perdeu toda esperanza, o doutor Ray Stantz é a mente mecánica no equipo, aínda que por dentro é coma un neno. Winston Zeddemore encarna a determinación, sempre coa seu raio de protóns a punto. Winston Zeddemore, que na película tiña escaso protagonismo, colleu valor nesta serie.
Notas [editar]
- ↑ Adelson, Andrea (30/12/1987). "BUSINESS PEOPLE; For Maker of Cartoons, A Chance to Go Public". The New York Times. http://www.nytimes.com/1987/12/30/business/business-people-for-maker-of-cartoons-a-chance-to-go-public.html?scp=11&sq=the%20real%20ghostbusters&st=cse. Consultado o 9/12/2010.
- ↑ "Top 100 animated series". IGN. http://uk.tv.ign.com/top-100-animated-tv-series/22.html. Consultado o 9/12/2010.
- ↑ "Interview: Lou Scheimer: A Candid Conversation with Filmation's Founder". The Trades. http://www.the-trades.com/article.php?id=5561. Consultado o October 21, 2009.
- ↑ "The Real Ghostbusters Complete Collection". DVD Talk. http://www.dvdtalk.com/reviews/35654/real-ghostbusters-complete-collection-the/. Consultado o 9/12/2010.