Os Mutantes
| Os Mutantes | |
|---|---|
Zélia Duncan e Sérgio Dias ao vivo |
|
| Información | |
| Orixe | São Paulo, Brasil |
| Período | 1966 - 1978 2006 - actualidade |
| Xénero(s) | rock psicodélico, rock progresivo, tropicalismo, rock experimental |
| Selo(s) discográfico(s) | Polydor/Universal, Som Livre, Sony BMG (Brasil) Omplatten, Luaka Bop, ANTI- EEUU) |
| Membros | Sérgio Dias Dinho Leme Bia Mendes Fabio Recco Vinicius Junqueira Henrique Peters Vitor Trida |
| Antigos membros | Arnaldo Baptista Zélia Duncan Rita Lee Arnolpho Lima Filho Manito Rui Motta Túlio Mourão Antônio Pedro Luciano Alvez Paulo de Castro Fernando Gama |
| Web oficial | http://mutantes.com/ |
Os Mutantes é unha banda brasileira de rock psicodélico formada durante o Tropicalismo no ano 1966, en São Paulo, por Arnaldo Baptista (baixo, teclado, voces), Rita Lee (voces) e Sérgio Dias (guitarra, baixo, vocs). Tamén participaron do grupo Liminha (baixista) e Dinho Leme (batería).
A banda é considerada un dos principais grupos do rock brasileiro. Alén do innovador uso de feedback, distorsión e trucos de estudio de todos os tipos, Os Mutantes foron os pioneiros na mestura do rock and roll con elementos musicais e temáticos brasileiros. Outra característica do grupo era a irreverencia. Se antes dos Mutantes, o xénero no Brasil era basicamente imitativo, a partir do pioneirismo de Arnaldo, Sérgio e Rita, abriuse o camiño do hibridismo.
Os Mutantes iniciou as súas actividades en 1966 como un trío, cando se presentaron nun programa de TV Record, e separouse en 1978, quedando só Sérgio Dias como integrante orixinal. Ao longo destes doce anos, gravaron nove álbums (dous deles editados na décadas dos 90). Nesa década a banda foi recoñecida no escenario do rock nacional e internacional pola súa importancia como un dos grupos máis creativos, dinámicos, radicais e talentosos da era psicodélica e da historia da música brasileira e mundial.
A banda reuníuse no ano 2006 para a realización dunha xira, e no ano 2010 realizou un concerto en Vigo no festival Vigo Transforma.
Índice |
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Os Mutantes - 1968
- Mutantes - 1969
- A Divina Comédia ou Ando Meio Desligado - 1970
- Jardim Elétrico - 1971
- Mutantes e Seus Cometas no País do Baurets - 1972
- Tudo Foi Feito Pelo Sol - 1974
- O A e o Z(gravado en 1973) - 1992
- Tecnicolor (gravado en 1970) - 2000
- Haih or Amortecedor - 2009
Álbums ao vivo [editar]
EP [editar]
- A Voz do Morto/Baby/Marcianita/Saudosismo (con Caetano Veloso) - 1968
- Fuga nº II/Adeus, Maria Fulô/Dois Mil e Um/Bat Macumba - 1969
- Hey Boy/Desculpe Babe/Ando Meio Desligado/Preciso Urgentemente Encontrar Um Amigo - 1970
- Cavaleiros Negros/Tudo Bem/Balada do Amigo - 1976
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en portugués)