Os Cangrexeiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Cangrexeiros logo dunha mañá de pasarrúas.

Os Cangrexeiros é unha formación musical, da parroquia de Taragoña (Rianxo), encadrada dentro do xénero tradicional da música galega. Os membros do grupo, da propia parroquia, son ex-compoñentes da Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña.

Os instrumentos que empregan son: Gaita galega, caixa (instrumento musical), e bombo como partes fundamentais da agrupación; podendo incrementarse o número de instrumentos con: pandeireta, multigüiro, violín, guitarra eléctrica e acústica, claves, charrasco, culleres, saxofón, trompeta, clarinete e acordeón.

Características[editar | editar a fonte]

Este grupo de Taragoña, interpretan principalmente temas da cultura tradicional galega, así como música popular, mais tamén empregan no seu repertorio temas de orixe doutros países, principalmente Portugal e Escocia.

Os compoñentes principais da agrupación taragoñés son os seguintes: Antonio Tembra Picón (gaita), Francisco López Resúa (gaita), Ismael Alonso Tubío (gaita), Xosé Luis Tembra Peneireiro (caixa) e mais Miguel Vicente Sobradelo Gil (bombo).

Historia[editar | editar a fonte]

A historia dos Cangrexeiros remóntase ó ano 1991, cando os membros do grupo comezaron a recibir clases de música tradicional no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, onde uns anos despois fundaríase a Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña. Durante este longo período, ata o ano 2001, os membros do grupo estiveron vencellados dun xeito directo á banda taragoñesa, sendo nese mesmo ano, cando por distintas inquedanzas e motivos parte da banda orixinal deixou paso ás novas xeracións de gaiteiros.

Nese ano 2001, foi cando os cangrexeiros como grupo tradicional comeza a súa andaina, no eido musical de xeito de xeito independente, inda que seguían e seguen ligados indirectamente á “Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña” onde naceron e formáronse como músicos.

Logo de cinco anos actuando polas distintas vilas e corredoiras da comarca da Barbanza e arredores, a finais do ano 2006, Os Cangrexeiros constituíronse como Asociación Xuvenil e fixaron o seu local de ensaio na aula de música do edificio de CCD de Taragoña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]