Os Campaneiros de Vilagarcía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Campaneiros de Vilagarcía
OrixeVilagarcía de Arousa, Galicia,
Período1926-1984
Xénero(s)Música tradicional galega
MembrosXosé e Ramón Valiñas Oubiña, Celestino Carballa e Xosé Carballa

Os Campaneiros de Vilagarcía foi un cuarteto de gaitas de música tradicional galega formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984.

Historia[editar | editar a fonte]

Os irmáns Xosé e Ramón Valiñas Oubiña, do Sisto (Vilagarcía de Arousa), actuaron por vez primeira baixo o nome de Os Campaneiros no ano 1926. O alcume víñalles por un bisavó fabricante de campás. Varios percusionistas actuaron cos irmáns ao longo da dilatada carreira do grupo, pero son coñecidos sobre todo os tamén irmáns José e Celestino, fillos de Pallamallada, un coñecido gaiteiro da comarca arousana.

Monumento na súa honra, no Sisto (Solobeira)

No ano 1983 a súa aldea natal fíxolles unha homenaxe popular, na que actuaron Milladoiro, Fuxan os Ventos, Airiños do Parque de Castrelos, Os Rosales. No ano 1984, na Festa do Marisco no Grove, o grupo actuou por derradeira vez, obrigados polo estado de saúde de Ramón.

O grupo foi moi prolífico: deixaron editado un disco e varias gravacións caseiras que van saíndo á luz en edicións modernas. Achegaron tamén unha gran cantidade de pezas da súa autoría ao repertorio galego para gaita. Do seu estilo interpretativo hai que destacar a súa particular maneira de entender a percusión dentro da formación tradicional do cuarteto de gaitas.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Xosé Valiñas, gaitas.
  • Ramón Valiñas, gaitas.
  • Celestino Carballa, tamboril.
  • Xosé Carballa, bombo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Os Campaneiros de Vilagarcía (1969)
  • Os Campaneiros de Vilagarcía (2005) Reedición do disco de 1969, co engadido de tres pezas máis inéditas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Rey, Carlos; Nogueira, Paulo; Silveiro, Héctor (2005). Os campaneiros de Vilagarcía. Vigo. Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-340-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Os Campaneiros, expertos gaiteiros. - tallercrof (Youtube).