Os Baños, Bande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Baños
Querquennis.jpg
Entrada principal ó recinto de Aquis Querquennis.
Concello Bande
Poboación 78 hab. (2011)
Entidades de poboación 4

San Xoán dos Baños é unha parroquia do concello ourensán de Bande, que engloba os lugares dos Baños, Lebosandaus, Maus e Vilela [1]. Segundo o IGE en 2011 tiña 78 habitantes (37 homes e 41 mulleres).

Emigración[editar | editar a fonte]

Na segunda metade do século XX a poboación baixou moito pola emigración dos veciños cara a conca mineira de Asturias, os túneles do ferrocarril a Zamora, e a países de Europa coma Alemaña, Francia, Suíza, ou os Países Baixos. Muíños e fornos de uso comunitario están a perderse e derruírse.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A aldea de Baños quedou anegada polo encoro das Conchas, no río Limia, nos anos 40, conservándose unicamente a igrexa, que foi trasladada pedra a pedra a carón da estrada N-540, contando con casa reitoral anexa. Na parroquia atópase tamén O Castro nos montes de Lobosandaus e a ponte Cabanas entre As Maus e Negueiroá (tamén baixo o encoro).

De interese son as termas anegadas polo encoro, en torno as cales se situaba o antigo Baños florecente pobo antes do embalse que xunto con Porto Quintela que lle quedaba ao lado formaban un no comercial no que daquelas xa existían tendas especializadas en tecidos, calzado, alimentación, ferretería, perruquería, ademais de bares e tabernas entorno ao balneario do Xaime.

En Vilela está a capela de San Andrés, e nas Maus a de San Antón.

Aquis Querquennis[editar | editar a fonte]

Na parroquia atópase o campamento romano de Aquis Querquennis, situado á beira da Vía Nova (Vía XVIII no itinerario de Antonino), xusto a carón do encoro, e ás veces cuberto polo mesmo.

Festas[editar | editar a fonte]

Celébranse o día de San Bieito (21 de marzo orixinariamente, na actualidade o día 11 de xullo). Lobosandaus celebra as Candeas o 2 de febreiro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares dos Baños[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia dos Baños no concello de Bande na Provincia de Ourense

Os Baños | Lebosandaus | As Maus | Vilela

Parroquias de Bande[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]