Os libros arden mal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os libros arden mal
Manuel Rivas nunha presentación dos seus libros
Autor/aManuel Rivas
Ilustrador/aPedro de Llano (mapa, páx. 6 e 7)
CubertaMiguel Vigo e Camilo Díaz Baliño
OrixeGalicia
LinguaLingua galega
Tema(s)Guerra civil
Xénero(s)Narrativa
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.Xuño de 2006
FormatoTapa branda con lapelas. Rústico cosido a fío
Páxinas746
ISBNISBN 84-9782-461-X
editar datos en Wikidata ]

Os libros arden mal é unha novela en lingua galega de Manuel Rivas, publicada por Edicións Xerais en xuño de 2006.

Argumento[editar | editar a fonte]

O libro conta a historia colectiva dos protagonistas en agosto de 1936, na Dársena da Coruña e de como a guerra civil española trastornou as súas vidas e a dos seus descendentes. Desde ese momento, o país divídese en dous bandos: o dos vencedores e o dos vencidos.

Vicente Curtis, Hércules, lembra mentres observa as lapas onde arden os libros, os días previos ao inicio da guerra, cando preparaban a excursión aos Caneiros cos seus amigos: Luis Terranova (irresistible cantante de tangos), Arturo da Silva (heroe do boxeo), Anceis (o gran poeta do mar), Leica (o fotógrafo), Polca...

Ao outro lado das fogueiras atópanse os que se mancharon as mans ao prender o fogo no que queimaron os libros espoliados de varias Bibliotecas da Coruña. O novo Samos, futuro xuíz, grande amante dos libros; Ren, executor do novo totalitarismo fanático espoliador; os soldados que asumiron a nova orde fascista...

Os descendentes dos protagonistas intentan entender por si mesmos o significado e as consecuencias da guerra. Son eles os que terán que recordarlles aos seus propios fillos os sucesos ocorridos naquelas datas. Gabriel, fillo de Ricardo Samos e Chelo Vidal, é un neno sensíbel e observador que vai comprendendo todo ao longo dos anos a través dos libros do xuíz, entre os que se atopan algúns rescatados das cinzas. O anarquista Polca deposita nos seus fillos, Ó e Pinche, todo o amor á terra, os costumes e a sabedoría dos devanceiros, así como forza para manterse en pé.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Rivas opta pola técnica do fragmentarismo aclimatada pola novela rupturista da centuria pasada. É unha esfera de xéneros, dunhas 600 páxinas, onde arredor do núcleo narrativo xiran a poesía, o relato histórico, o ensaio e a crónica.

A copiosa substancia anecdótica estrutúrase en noventa capítulos, algúns moi breves, que presentan os sucesos e personaxes de forma abrupta e por mediación de distintas voces. Hai mencións a feitos e referencias históricas protagonizadas por personaxes reais como García Lorca, Ánxel Casal, Santiago Casares Quiroga, Francisco Franco, Manuel Fraga e Carl Schmitt, entre outros.

Premios[editar | editar a fonte]

Coa queima de libros procedentes de numerosas bibliotecas da cidade nos días posteriores ao golpe de estado de 1936 como eixe central, a novela afonda nun tempo que tinguiu de fume e negras sombras a cidade e todo o país tras a guerra civil. Ao longo das súas 600 páxinas asómanse vencedores e vencidos que, da man do seu autor, van abrindo oportunidades por onde se coa algo de luz nas súas vidas.
o alto grao de elaboración do relato e complexa estruturación discursiva, as cualidades estilísticas e expresivas do texto que orixinan un deslumbrante espazo metafórico tinguido de suxestivas imaxes poéticas.
por considerala unha gran novela europea que resume os mellores valores da narrativa galega contemporánea.

Na acta recóllese que o corpo narrativo da novela constitúe un universo que conxuga a fermosura literaria das súas páxinas cuns eixes temáticos e emocionais que nos enfrontan coas coordenadas do fascismo hispano e europeo e invita a unha reflexión inevitable.

unha das grandes obras da Literatura galega do último século.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao castelán por Dolores Vilavedra co título de Los libros arden mal publicado en 2006 por Alfaguara[1][2].
  • Ao catalán por Lluís Felip i Aced co título de Els llibres fan de mal cremar publicado en 2006 por Edicions 62, Col. El balancí[3].
  • Ao francés por Serge Mestre co título de L'éclat dans l'abîme. Mémoires d’un autodafé publicado en 2008 por Éditions Gallimard, Col. Du monde entier[4].
  • Ao italiano por Enrico Passoni co título de I libri bruciano male publicado en 2009 por Feltrinelli, Col. I Narratori[5].
  • Ao inglés por Jonathan Dunne co título de Books Burn Badly publicado en 2010 por Harvill Secker (selo de Random House)[6][7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Imaxe, baseada nun cadro de Francisco Miguel, da capa da tradución ao castelán.
  3. Ficha Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  4. Ficha Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  5. Ficha Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  6. Ficha Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  7. "Unha novela excepcional escrita por un autor excepcional”, así gaba a prensa inglesa a Manuel Rivas