Orville Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orville Wright

Orville Wright, nado en Dayton (Ohio) o 19 de agosto de 1871 e finado en 1948, foi un inventor norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Co seu irmán Wilbur fundou unha fábrica de bicicletas en 1892.

Os Wright interesáronse nunhas ideas sobre voo de maquetas e a partir dese momento, no deixaron de traballar para levar ao home en voo polos aires. Para a realización dos seus estudos sobre o voo, desenvolveu o primeiro túnel aerodinámico en 1901 e en 1902, introduciu o empenaxe vertical con temón móbil nos avións como sistema de estabilidade que practicamente eliminaba o perigo de barrenas.

Os irmáns Wright realizaron varios modelos e maquetas antes de iniciar a construción dun prototipo. Moitas destas maquetas voaron por si soas nun voo planeado, o que impulsou aos Wright a seguir co seu proxecto. Non foron poucas as dificultades, moitas veces os mandos tiveron que ser adecuados para poder controlar o planeo. Un dos maiores problemas consistiu na inclinación cara un lado ou a falla de control horizontal. Os irmáns Wrigth solucionaron estes problemas inxeniosamente.

O 17 de decembro de 1903, en Kitty Hawk, Orville Wright realizou o que se considera o primeiro voo dun avión tripulado e semipropulsado con éxito, que durou 12 segundos. O aparato chamábase Flyer I.[1]

O voo fíxose en segredo e sen testemuñas, para evitar o plaxio do seu novo invento, existindo como única proba a palabra de Orville e do seu irmán. Os Wright eran moi celosos do seu invento e non desexaban dar moitas evidencias do seu aparato, de feito as fotos tiráronse sempre desde certa distancia, para impedir revelar os detalles.

O Flyer I non era capaz de voar por si mesmo, xa que requiría a axuda dunha catapulta externa activada por un peso que o lanzaba ao aire, simulando un voo para poder así probar o funcionamento dos mandos do avión.

O 9 de setembro de 1908, en Fort Meyer (Virxinia), estableceu novas marcas cando o primeiro avión Wright voou durante 62 minutos completando 57 círculos a unha altura de 36,6 m.

Este voo converteu a Orville nunha celebridade internacional. Iniciou unha época de incesante actividade: á fronte do seu equipo de pilotos de exhibición, comprobaba todas as pezas novas do material utilizado nos avións Wright e supervisaba a produción das fábricas Wright. O exército comprou a idea dos Wright, sen embargo, a aviación tardaría aínda en desenvolverse.

En 1908, os Wrigth ademais levaron o aparato a Francia onde realizaron unha exitosa exhibición ante un público perplexo que estaba acostumado a ver artefactos planando durante un chisco e colisións en terra. Deste modo arrebataron a Alberto Santos-Dumont a supremacía do aire.

Logo da morte de Wilbur en 1912, Orville foi o presidente da Compañía Americana Wright. Tres anos despois vendeu as súas accións. Logo traballou como enxeñeiro na mesma compañía. Morreu o 30 de xaneiro de 1948 en Dayton.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Irmáns Wright