Ortofotografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Ortofotografía é unha presentación fotográfica que foi corrixida dixitalmente para representar unha proxección ortogonal sen efectos de perspectiva dun obxecto, xerada a partir de fotografías reais oblicuas, e na que polo tanto é posible realizar medicións, tendo o mesmo valor ca un plano.

O alzado dunha fachada dun edificio ou a planta dun terreo poden representarse por unha ortofotografía se se empregan técnicas fotogramétricas dixitais para obter medidas tridimensionais do obxecto e transformar as coordenadas ó plano de proxección ortogonal.

Emprégase esta técnica en cartografía, arquitectura e arqueoloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]