Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu (en galega Orquestra Sinfónica do Gran Teatro do Liceo) é unha orquestra sinfónica catalá con sede no Gran Teatre del Liceu de Barcelona. A Directora Xeral do teatro é Rosa Cullell, o Director Artístico é Joan Matabosch, e o Director Musical é Michael Boder. Pertence á Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS). O seu primeiro director titular foi Marià Obiols e actualmente é Josep Pons que otenta este cargo.

Historia[editar | editar a fonte]

A Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu foi fundada, coma o teatro, en 1847 (e continuando a orquestra do teatro que a Sociedade Filharmónica do Liceu fundara en 1837 no Teatre de Montsió, predecesor do actual teatro) e é a orquestra sinfónica máis antiga das que aínda funcionan no estado español, tendo actuado de xeito ininterrompido dende aquela.

Directores e actuacións[editar | editar a fonte]

Na súa longa historia foi dirixida por grandes directores convitados, como Albert Coates, Antal Doráti, Karl Elmendorff, Franco Faccio, Manuel de Falla, Alexander Glazunov, Josef Keilberth, Erich Kleiber, Otto Klemperer, Hans Knappertsbusch, Franz Konwitschny, Clemens Krauss, Joan Lamote de Grignon, Joan Manén, Jaume Pahissa, Ottorino Respighi, Josep Sabater, Max von Schillings, Georges Sebastian, Richard Strauss, Igor Stravinsky, Hans Swarowsky, Arturo Toscanini, Antonino Votto e Bruno Walter; e últimamente Gerd Albrecht, Alexander Anissimov, Richard Bonynge, Sylvain Cambreling, Paolo Carignani, Frédéric Chaslin, Franz-Paul Decker, Romano Gandolfi, García Navarro, Lamberto Gardelli, Armando Gatto, Miguel Ángel Gómez Martínez, Cristóbal Halffter, Janos Kulka, Peter Maag, Riccardo Muti, Woldemar Nelsson, Václav Neumann, Josep Pons, David Robertson, Antoni Ros Marbà, Julius Rudel, Pinchas Steinberg, Peter Schneider, Silvio Varviso e Sebastian Weigle.

Os directores titulares da orquestra foron:

A Orquestra ten actuado no Teatro Real de Madrid e no Palacio Real de Madrid, as Arenas de Nîmes, a Ópera de Ludwigshafen, o Théâtre des Champs Élysées de París, o Palau de la Música Catalana e o Teatre Grec de Barcelona, así como o Festival de Orange, o Odeon Herodion Atticus de Atenas, o Festival de Peralada, a Seu Vella de Lleida, unha xira por Galiza (Santiago de Compostela e Vigo), Palau de la Música de València e La Fenice de Venecia, entroutros.

Premieres realizadas pola Orquestra[editar | editar a fonte]

O Gran Teatre del Liceu foi o lugar elixido para a estrea mundial de moitas obras, entre as que cómpre salientar:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]