Orixe recente africana dos humanos modernos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un modelo das migracións humanas baseado no ADN mitocondrial. Mostra todo o mundo, co polo no centro. África, foco inicial das migracións, está na cima á esquerda. Os números representan os miles de anos antes do presente.

Na paleoantropoloxía, a orixe recente dos humanos modernos en África, a abreviada como a teoría da Saída de África, é o modelo máis aceptado para describir a dispersión xeográfica dos humanos anatomicamente modernos[1] . A nivel académico sóeselle chamar a hipótese da única e recente orixe, a hipótese de substitución ou a orixe africana recente. Ata os 1980s era un modelo especulativo que se corroboraría cun estudo do ADN mitocondrial das poboacións humanas actuais combinándoo con restos de espécimes fósiles e estudos físico-antropolóxicos.

Os estudos xenéticos e os restos fósiles mostran que os Homo sapiens arcaicos evolucionaron cara a humanos anatomicamente modernos exclusivamente en África, entre hai 200,000 e 150,000 anos[2] e que esa comunidade de Homo sapiens saíu de África hai entre 125,000 e 60,000 anos. Esas poboacións de Homo sapiens terían desprazado cos Neandertais e con Homo erectus[3]. A data da primeira saída de África exitosa, isto é, os primeiros emigrantes con descendentes que sobreviviran, foi hai 60,000 anos, como suxiren estudos poboacionais xenéticos, malia que con todo hai restos arqueolóxicos arábicos de ferramentas que mostran que existiron poboacións alí xa hai 125,000 anos[4].

Un recente estudo revela que que existe unha primeira liñaxe, anteriormente descoñecida, de 338,000 anos o que fai que se atrase a estimación para o ancestro común máis recente (Y-MRCA)[5].

A única e recente orixe dos humanos modernos no leste africano é a posición máis predominante arestora dentro da comunidade científica[6][7][8][9][10]. Existen teorías que discrepan en se houbo un único éxodo ou varios. O modelo de dispersión múltiple implica considerar a posibilidade da teoría da Dispersión do Sur[11] que está a gañar apoios grazas a estudos xenéticos, lingüísticos e restos arqueolóxicos. Outra serie de autores están a sospeitar dunha "longamente ignorada África do Norte" como lugar de orixe dos humanos modernos, que tería sido os que saíran do continente[12][13][14].

A principal hipótese que compite coa saída de África é a orixe multirexional dos humanos modernos, que propón que houbo¡ múltiples migracións de Homo sapiens que teríanse hibridado coas poboación locais de Homo erectus e múltiples rexións do planeta. A meirande parte dos multirrexionalistas aprecian que África tivera sido a principal fonte da diversidade xenética mais dánlle lugar a que houbera hibridacións[15][16].

Múltiples probas xenéticas da última década teñen mostrado que varias especies das agora extintas especies de humanos arcaicos tiveranse hibridado cos humanos modernos. Esas especies deixaron un impacto xenético destacable en todo o mundo: os Neadertais en todas as poboacións humanas agás nas poboacións africanas subsaharianas, os Homínidos de Denisova en Australasia (como o o son os melanesios, aborixes australianos ou os Negritos) e unha hibridación entre Subsaharianos africanos con unha aínda descoñecida especie de homínidos (posiblemente parte das poboacións de Homo heidelbergensis). A proporción de hibridación mostrouse que era relativamente baixa, entre o 1 e o 10%[17][18].

Mapa das primeiras migracións humanas[19]
1. Homo sapiens
2. Neandertais
3. Primeiros homínidos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McBride B, Haviland WE, Prins HEL, Walrath D (2009). The Essence of Anthropology. Belmont, CA: Wadsworth Publishing. p. 90. ISBN 978-0-495-59981-4. http://books.google.com/books?id=AmvJ1XtnIQoC&pg=PA90. 
  2. Reid GBR, Hetherington R (2010). The climate connection: climate change and modern human evolution. Cambridge, UK: Cambridge University Press. p. 64. ISBN 0-521-14723-9. http://books.google.com/books?id=AAja8FTPF6QC&pg=PA64. 
  3. Meredith M (2011). Born in Africa: The Quest for the Origins of Human Life. New York: PublicAffairs. ISBN 1-58648-663-2. http://books.google.com/books?id=WrR9OShae2wC&pg=PT148. 
  4. Armitage SJ, Jasim SA, Marks AE, Parker AG, Usik VI, Uerpmann HP (January 2011). "The southern route "out of Africa": evidence for an early expansion of modern humans into Arabia". Science 331 (6016): 453–6. Bibcode 2011Sci...331..453A. DOI:10.1126/science.1199113. PMID 21273486. 
  5. Mendez, Fernando; Krahn, Thomas; Schrack, Bonnie; Krahn, Astrid-Maria; Veeramah, Krishna; Woerner, August; Fomine, Forka Leypey Mathew; Bradman, Neil et al. (2013). "An African American Paternal Lineage Adds an Extremely Ancient Root to the Human Y Chromosome Phylogenetic Tree". The American Journal of Human Genetics. DOI:10.1016/j.ajhg.2013.02.002. http://www.ucl.ac.uk/mace-lab/publications/articles/2013/Mendez_AJHG13_DeepY.pdf. 
  6. Liu H, Prugnolle F, Manica A, Balloux F (August 2006). "A geographically explicit genetic model of worldwide human-settlement history". Am. J. Hum. Genet. 79 (2): 230–7. DOI:10.1086/505436. PMC 1559480. PMID 16826514. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1559480. "Currently available genetic and archaeological evidence is supportive of a recent single origin of modern humans in East Africa. However, this is where the consensus on human settlement history ends, and considerable uncertainty clouds any more detailed aspect of human colonization history." 
  7. "This week in Science: Out of Africa Revisited". Science 308 (5724): 921. 2005-05-13. DOI:10.1126/science.308.5724.921g. 
  8. Stringer C (June 2003). "Human evolution: Out of Ethiopia". Nature 423 (6941): 692–3, 695. Bibcode 2003Natur.423..692S. DOI:10.1038/423692a. PMID 12802315. 
  9. Johanson D. "Origins of Modern Humans: Multiregional or Out of Africa?". ActionBioscience. American Institute of Biological Sciences. http://www.actionbioscience.org/evolution/johanson.html. 
  10. "Modern Humans – Single Origin (Out of Africa) vs Multiregional". http://www.asa3.org/ASA/education/origins/migration.htm. 
  11. Field, J.; Petraglia, M. & Mirazon Lahr, M. (2007) The Southern Dispersal Hypothesis and the South Asian Archaeological Record: Examination of Dispersal Routes through GIS Analysis. Journal of Anthropological Archaeology, 26: 88-108.
  12. Balter M (January 2011). "Was North Africa the launch pad for modern human migrations?". Science 331 (6013): 20–3. Bibcode 2011Sci...331...20B. DOI:10.1126/science.331.6013.20. PMID 21212332. 
  13. Cruciani F, Trombetta B, Massaia A, Destro-Bisol G, Sellitto D, Scozzari R (June 2011). "A revised root for the human Y chromosomal phylogenetic tree: the origin of patrilineal diversity in Africa". Am. J. Hum. Genet. 88 (6): 814–8. DOI:10.1016/j.ajhg.2011.05.002. PMC 3113241. PMID 21601174. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=3113241. 
  14. Smith TM, Tafforeau P, Reid DJ, Grün R, Eggins S, Boutakiout M, Hublin JJ (April 2007). "Earliest evidence of modern human life history in North African early Homo sapiens". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 104 (15): 6128–33. Bibcode 2007PNAS..104.6128S. DOI:10.1073/pnas.0700747104. PMC 1828706. PMID 17372199. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1828706. 
  15. Robert Jurmain; Lynn Kilgore; Wenda Trevathan (20 March 2008). Essentials of Physical Anthropology. Cengage Learning. pp. 266–. ISBN 978-0-495-50939-4. http://books.google.com/books?id=TSaSPza9LMYC&pg=PA266. Consultado o 14 June 2011. 
  16. Wolpoff MH, Hawks J, Caspari R (May 2000). "Multiregional, not multiple origins". Am. J. Phys. Anthropol. 112 (1): 129–36. DOI:10.1002/(SICI)1096-8644(200005)112:1<129::AID-AJPA11>3.0.CO;2-K. PMID 10766948. 
  17. The Human Stew
  18. http://www.plosgenetics.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pgen.1002837
  19. Literature: Göran Burenhult: Die ersten Menschen, Weltbild Verlag, 2000. ISBN 3-8289-0741-5