Orhan I
Orhan ou Orkhan, nado en Sogut en 1281 e finado en Bursa en 1362, foi bei (príncipe) do recentemente formado Imperio Otomán, coñecido entón como a tribo dos Osmanlís, entre 1326 e 1359. Era fillo do bei Osman I Gazi, fundador de dito imperio. Cando morreu, o Imperio tiña unha extensión de 95.000 km².
Tivo cinco fillos:
- Süleyman Paşa (¿? - 1356).
- Ibrahim.
- Halil.
- Kasim, e
- unha filla, Fátima.
Traxectoria [editar]
Orhan conquistou a maior parte do oriente da Anatolia e tomou parte nas intrigas do decadente Imperio Bizantino ao casar con Teodora Cantacuzeno, filla de Xoán VI Cantacuzeno, entón titor do emperador Xoán V Paleólogo. Como prezo deste prestixioso matrimonio, axudou a Cantacuzeno a derrocar a Xoán V e os seus rexentes. En 1354 o fillo de Orhan, Süleyman Paşa, ocupou Gallipoli (evacuada pola súa poboación grega a raíz dun terremoto), facilitando ao Estado otomán unha cabeza de ponte en Europa continental.
| Predecesor: Osman I |
Bei otomano 1326 - 1359 |
Sucesor: Murad I |