Organización territorial dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Estados Unidos de América organízanse territorialmente primeiramente en base aos seus estados. Os gobernos federal e estatais funcionan nun sistema de soberanía paralela, e nun sentido estricto os estados non "divisións" creadas dende os Estados Unidos, senón as unidades que compoñen dito país.

Os estados divídense normalmente en condados, chamados en Luisiana parroquias e en Alasca distritos.

Os territories divídense en municipios. Guam emprega o termo de "vilas"; e as Illas Virxes Estadounidenses e Samoa Americana usan o de "distrito".

Os condados e os seus equivalentes divídense en municipios.

Os núcleos de poboación poden organizarse como cidades, vilas e outros tipos de municipios. Os municipios normalmente están subordinados ao goberno dun condado, mais con certas excepcións. Algunhas cidades se teñen combinado co goberno do seu condado como condados-cidade. En Virxinia as cidades son completamente independentes do condado do que formarían parte. Nalgúns estados, especialmente en Nova Inglaterra, as vilas forman a primeira unidade de goberno local por debaixo do nivel estatal, nalgúns casos eliminando a necesidade dun goberno do condado.

Ademáis dos estados, outras divisións inclúen o distrito federal, as áreas insulares administradas polo Goberno Federal, e as reservas indias. O Goberno Federal tamén ten xurisdición exclusiva sobre as instalacións militares e sobre as embaixadas e consulados en países estranxeiros. Existen tamén outras divisións especiais para outros usos diferentes dos de goberno, como poden ser os distritos de conservación e os distritos congresionais.

Os estados e as súas divisións[editar | editar a fonte]

Estados[editar | editar a fonte]

A primeira unidade administrativa dos Estados Unidos é o estado. Segundo numerosas decisións do Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América, os 50 estados e o país enteiro son xurisdicións soberanas. Os 13 estados orixinais (as trece colonias) independizáronse do Imperio Británico en 1776. En 1777 estabeleceron un goberno baixo os Artigos da Confederación A constitución dos Estados Unidos de América remprazou os artigos en 1789. A constitución estabelece a autoridade do Goberno Federal, e mantén ao tempo a soberanía dos estados. A décima enmenda á constitución reforza esta idea de soberanía paralela, declarando que os poderes non delegados ao goberno federal son mantidos polos estados.

Os 37 estados adicionais foron admitidos á unión por actas do Congreso dos Estados Unidos de América, comezando pola unión de Vermont en 1791 e rematando coa de Hawai en 1959.

Condado[editar | editar a fonte]

Os estados divídense en rexións administrativas máis pequenas, chamadas condados agás en dous estados. As excepcións son Alasca, onde son chamados distritos (boroughs), e Luisiana, onde reciben o nome de parroquias. Os condados existen para dar apoio local xeral ás actividades de goberno dos estados, como a recaudación de impostos, mais sen proporcionar a maioría de servizos asociados polo xeral aos municipios. Nalgúns estados, especialmente en Nova Inglaterra, son empregados principalmente como distritos xudiciais. Noutros estados os condados teñen maiores poderes en vivenda, educación ou transporte.

Os condados conteñen varios municipios. Algunhas cidades coinciden cos seus condados, incluíndo Filadelfia, Honolulu, San Francisco e Denver: estes condados consisten dun único municipio, e a corporación municipal e á súa vez o goberno do condado. Outros condados, como o condado de Arlington, Virxinia, non teñen subdivisións adicionais. Algúns estados conteñen cidades independentes que non son parte de condado algún.

Municipios[editar | editar a fonte]

Os municipios (towns ou townships) son subdivisións dos condados. Os termos town e township están estreitamentente relacionados e, a miúdo, empréganse indistintamente en documentos históricos. Porén, os poderes dos municipios varían de forma considerable entre estados. En Nova Inglaterra, por exemplo, os municipios son a principal forma de goberno local, proporcionando moitos dos servizos dos condados noutros estados. Algúns municipios teñen gobernos e certo poder político, e outros son simples demarcacións xeográficas.

Cidades[editar | editar a fonte]

Hai aproximadamente 30.000 cidades incorporadas nos Estados Unidos, con diversos grados de autogoberno.

Xurisdicións non adminitradas polos estados[editar | editar a fonte]

Distrito de Columbia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Distrito de Columbia.

O Distrito de Columbia, baixo autoridade directa do Congreso, foi creado en territorios cedidos ao Goberno Federal polos estados de Maryland e Virxinia; porén, o territorio cedido por Virxinia volveu a dito estado en 1846. O Distrito non forma parte de estado ningún, e o Congreso dos Estados Unidos de América ten soberanía exclusiva sobre a cidade. Ademáis, o distrito ten certo autogoberno, incluíndo un alcalde elixido e un concello da cidade. Os residentes do distrito poden votar nas eleccións presidenciais.

Áreas insulares[editar | editar a fonte]

As áreas insulares son aquelas xurisdicións que non son parte nin dos estados nin do distrito federal. A diferenza do que sucede nos estados, a soberanía sobre elas a ten o Congreso, e non os seus habitantes. En moitos casos, porén, o Congreso ten proporcionado un autogoberno significativo a través dun acta orgánico, que fai as funcións de constiución local. As áreas insulares son administradas polo Goberno Federal a través da Oficina de Asuntos Insulares do Departamento de Interior.

Os territorios non incorporados dos Estados Unidos son a Samoa Americana, Guam, as Illas Marianas Setentrionais, Porto Rico e as Illas Virxes Estadounidenses.

Reservas indias[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Reserva india.

As reservas indias estadounidenses son rexións administradas por tribos amerindias baixo xurisdición da Oficina de Asuntos Indios do Departamento de Interior dos Estados Unidos de América. Existen 310 reservas nos Estados Unidos. As tribos posúen certa soberanía tribal sobre o territorio da súa reserva, polo que as leis nela poden variar con respecto ás do territorio circundante. O consello tribal ten xurisdición sobre as reservas. As diferentes reservas teñen tamén diferentes sistemas de goberno, que non teñen porqué ser iguais a outras formas de goberno do país. A maioría das reservas foron estabelecidas directamente polo goberno federal, mentres que outras teñen a súa orixe no recoñecemento dos propios estados. Os residentes na reserva, porén, poden votar tamén como residentes do estado, e teñen que pagar impostos federais.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]