Organización Comunista Marxista-Leninista Portuguesa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Organización Comunista Marxista-Leninista Portuguesa (en portugués Organização Comunista Marxista-Leninista Portuguesa (OCMLP)) foi creada en 1972, pola xuntanza dos herdeiros do CMLP, reunindo aos membros do xornal O Grito do Povo cos apoiantes de O Comunista. Dará orixe, despois de 1974, á FEC, Fronte Electoral dos Comunistas (Portugal). En maio de 1976, integrase no PCP (R), Partido Comunista Portugués (Reconstruído), entón liderado por Francisco Martins Rodrigues.
Foi disolto oficialmente en 1988.[1]
Notas [editar]
- ↑ "Organização Comunista Marxista Leninista Portuguesa". CNE - Comissão Nacional de Eleições. http://www.cne.pt/index.cfm?sec=0506010200&PartidoID=34. Consultado o 24 de outubro de 2009.