Orde Mística do Templo da Rosacruz
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde maio de 2007.) |
En 1912 Annie Besant, Marie Russak e James Wedgwood fundaron a Orde do Templo da Rosacruz. Non obstante, debido aos numerosos problemas orixinados en Inglaterra durante a Primeira Guerra Mundial, a actividade tivo de ser suspendida. Besant regresou às suas tarefas como Presidenta Mundial da Sociedade Teosófica, Wedgwood seguiu a traballar como bispo da Igrexa Católica Liberal e Russak estableceu contacto en California con Harvey Spencer Lewis, a quen axudou na elaboración dos rituais da Orde Rosacruz AMORC.
A finais do século XX, en Hispanoamérica reavivouse o interese nas ordes iniciáticas, sobre todo aquelas relacionadas coas tradicións espirituais de Occidente. Neses datas, un membro da Sociedade Teosófica, coñecido nos círculos rosacruces como Frater Iniciador, comezou a traballar a prol da refundación da OTRC.
Actualmente estase a traballar en varios países para o renacemento da Orde do Templo da Rosacruz co novo nome de Orde Mística do Templo da Rosacruz (OMTRC). A creación oficial está planificada para o ano 2012, cando se cumpran 100 anos desde a fundación orixinal.
Principios da organización[editar]
Lema: Lux Veritatis Traballo: Baseados na máxima dos alquimistas Ora et Labora, a OMTRC establece dous tipos de reunións: Oratorio (ou Grupo de estudo, onde se investigan diversos temas relacionados coa tradición esotérica) e Laboratorio (ou Convocación, onde se realizan rituais e diversas prácticas espirituais). Graos: A Orde posúe tres graos iniciáticos: Neófito, Peregrino e Mestre. Non obstante, ao xeito dos autores da Teosofía insístese na diferenza entre a iniciación ritual e a verdadeira Iniciación, polo cal dito esquema de graos é simbólico e non ten ningunha relación co progreso espiritual de cada membro.
A Orde ten varios postulados ou bases nas que sustenta o seu traballo:
- Crenza nun Ser Absoluto.
- Desenvolvemento integral do ser humano.
- Fomento do amor fraternal.
- Absoluta gratuidade das ensinanzas.
Obxectivos da OMTRC[editar]
- Difusión das ensinanzas espirituais.
- Fomento do estudo da tradición esotérica occidental e das relixións comparadas.
- Servizo consciente.
- Traballo espiritual progresivo e continuo.
- Investigación comparativa das distintas ramificacións da tradición rosacruz.
- Fomento da creación dunha Federación Fraternal Rosacruz, relacionando amigablemente a todos os grupos rosacruces que recoñecen a Cristo como ideal.