Opus Fundatum Latinitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Fundación Latinitas (en latín e oficialmente: Opus Fundatum Latinitas) é unha institución da Igrexa Católica adicada ao estudo e mantemento dos estándares da lingua latina.

Historia[editar | editar a fonte]

A Fundación Latinitas foi creada no año 1976 polo papa Paulo VI. Actualmente, ademais de prover dun estándar para a lingua escrita e falada en latín, promove dende diversos sectores o estudo do latín clásico, o latín medieval e o chamado latín eclesiástico.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Co obxectivo da promoción da lingua latina, ten diversos modos de difusión:

  • Libros e outros medios en latín.
  • Revista trimestral Latinitas.
  • Certamen Vaticanum, concurso internacional de poesía e prosa en latín.
  • Clases de lingua latina co mesmo método de ensinanza de linguas modernas.
  • Celebración de debates, congresos e conferencias sobre a cultura latina.
  • O Lexicon recentis Latinitatis, dicionario de neoloxismos traducidos ao latín.
  • As Feriae Latinae.