Operador argumentativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os operadores argumentativos son uns dos marcadores do discurso xunto cos estruturadores da información, conectores, reformuladores, e marcadores conversacionais.[1] Chámanse así aqueles marcadores que polo seu significado condicionan as posibilidades argumentativas do membro do discurso en que se inclúen, pero sen relacionalo con outro membro anterior". Poden ser:

  • Operadores de reforzo argumentativo, cuxo significado consiste esencialmente en reforzar como argumento o membro do discurso en que se atopan. Deste xeito, e á vez que se reforza o seu argumento, limítanse os outros como causantes de posibles conclusións: "en realidade" -que distingue outro argumento como aparencia-, "no fondo" -que presenta a un argumento con maior forza que outro simplemente posible-, "de feito" -que presenta un argumento como un feito certo, e polo tanto con máis forza ca outro discutible ou probable- etc...
  • Operadores de concreción, que presentan o membro do discurso que os inclúe como unha concreción ou exemplo dunha expresión máis xeral: "por exemplo", "en concreto", "en particular", "por caso".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé Ramón Freixeiro Mato. Universidade da Coruña, ed. "Locucións conectoras consecutivas de carácter parentético no galego moderno e contemporáneo" (PDF). p. 14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2022. Consultado o 18 de xaneiro de 2021.