Opera (Navegador)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pantallazo do navegador Opera en galego |
|
| Desenvolvedor: | Opera Software |
| Última versión: | 9.24 (17 de outubro de 2007) |
| Sistema operativo: | Windows, Macintosh, Linux, |
| Xénero: | Navegador web |
| Licenza: | Freeware dende a versión 8.51 |
| En galego: | Si (Dende a versión 8.00 en www.egalego.com) |
| Sitio web: | http://www.opera.com |
O navegador Opera é un navegador web creado pola empresa noruega Opera Software en 1994. Opera é de balde dende a súa versión 8.50, sendo anteriormente shareware ou adware (con publicidade), e antes da súa versión 5.0 era de pago exclusivamente.
O navegador Opera é coñecido pola súa velocidade, seguridade, soporte de estándares (especialmente CSS), tamaño reducido, intercionalidade e constante innovación. Foi un dos primeiros navegadores en implementar "lapelas" para a navegación pola web, sendo esta a principal característica nas súas primeiras versións. A versión 6 foi a primeira en contar con soporte de codificacións internacionais, e non foi ata a versión 7, reconstruída dende os cimentos, que contou con compatibilidade total con especificacións como DOM (Document Object Model),CSS2 (Cascading Style Sheets, segunda revisión) e XHTML (Extensible Hypertext Markup Language ou HTML extensible). A versión 7.6, unha versión de previsualización técnica ou Alfa, incluíu un novedoso sistema de recoñecemento de voz basado en XML (VoiceXML), facilitando así a accesibilidade, que se mantivo na versión 8. Posteriormente, á mesma versión 8 agregóuselle soporte nativo de gráficos SVG Tiny.
As súas maiores distribucións son para Windows, Apple Macintosh e Linux, mais atópase tamén dispoñible para unha variedade doutras plataformas, incluíndo OS/2, Solaris e FreeBSD. Ademais, existen versións para unha ampla variedade de dispositivos móbiles (xeralmente, de pago).
Índice |
[editar] Características (v 8.5x)
- Soporte de RSS e Atom (sindicación de contido): Cando un sitio web ofrece este servizo, Opera mostra un icono na barra de dirección para subscribirse e comprobar automaticamente o novo contido do mesmo.
- Cliente de correo integrado (chamado M2): Destaca por ser moi pequeno (ocupa 40 KB no disco duro) e completo.
- Identificador (administrador de usuarios/contraseñas): Ofrece a posibilidade de recordar datos de acceso de calquera sitio web que así o requira, xa sexa recordar datos só para a páxina actual, todo o servidor, non para a páxina actual ou non para todo o servidor.
- Administrador de descargas: Permite, entre outras cousas, pausar calquera descarga e continuala cando así se requira (especialmente útil con arquivos grandes), ou realizar múltiples descargas simultaneamente levando unha mellor monitorización, así como poder levar un historial das mesmas.
- Cliente de chat IRC.
- Navegación por sesións: Permite gardar a sesión de navegación actual e volver retomala. Así, o usuario pode pechar o navegador, e abrilo máis tarde tendo exactamente as mesmas páxinas abertas que cando o pechou.
- Administrador de cookies (pegadas): Permite explorar/buscar as cookies polo sitio ou usuarios do identificador, ademais de mostrar en detalle a información contida nas mesmas.
- Notas: Permite almacenar pequenos textos asociados á páxina que se estea visitando.
- Soporte de estándares. Soporta CSS 2.1, XHTML 1.1, HTML 4.01, WML 2.0, ECMAScript, DOM 2 and SVG 1.1 tiny.
- Eliminar información privada. Permite eliminar con só un clic cookies, datos e páxinas protexidos por contraseña, caché, historial de páxinas visitadas, historial de direccións escritas, historial de enlaces visitados, historial de arquivos descargados e outros tipos de información privada.
- Navegación por voz: Só en inglés e para Windows 2000/XP.
- Navegación por medio de tabs (pestanas).
- Zoom nas páxinas: Permite ver o contido de calquera páxina a distintas escalas; isto resulta útil para ver imaxes que exceden as dimensións do monitor, ou páxinas que son máis anchas que a pantalla, polo que resultan difíciles de ler noutros navegadores.
- Bloqueo de popups (fiestras emerxentes).
[editar] Características (v 9.x)
As principais novidades da versión 9.0 de Opera son:
- Inclusión dun xestor de descargas BITTORRENT, un protocolo que está conseguindo un gran éxito en Internet, pese a que ultimamente se viu tamén perseguido polas asociacións de protección dos dereitos de propiedade intelectual, o que motivou tamén unha certa polémica coa súa inclusión en Opera. O xestor de descargas do navegador noruego é agora transparente as descargas que se realizan mediante HTTP, FTP ou BITTORRENT.
- Previsualización do contido das pestanas en thumbnails. Agora, cando nos sitúemos sobre unha pestana, poderemos ve-lo que contén en forma dunha pequena imaxe flotante (o que tecnicamente se coñece como thumbnail).
- Uso de Widgets, pequenas aplicacións que se poden situar no escritorio do noso sistema operativo engadindo funcionalidades. Son idénticos ós que facilita Mac VOS X ou o Windows Vista.
- Bloqueador de contido. Podemos impedi-la visualización de imaxes ou outros elementos dunha páxina web con tan só unha pulsación de teclado e rato.
- Posibilidade de configura-la nosa ferramenta de busca, tal e como xa inclúen a maioría dos navegadores.
- Editor de texto avanzado.
[editar] Historial das versións para Windows
- Opera versión 2.1 - 1996
- Opera versión 3.0 - 1998
- Opera versión 4.0 - 28 de xuño do 2000
- Opera versión 5.0 - 6 de decembro do 2000
- Opera versión 6.0 - 29 de novembro do 2001
- Opera versión 7.0 - 11 de xaneiro do 2003
- Opera versión 7.54 - 5 de agosto do 2004
- Opera versión 8.00 - 21 de abril do 2005
- Opera versión 8.50 - 20 de setembro do 2005
- Opera versión 9 - 21 de setembro do 2006
- Opera versión 9.20 - 11 de abril do 2007
- Opera versión 9.24 - 17 de outubro do 2007
- Opera versión 9.25 - 19 de decembro do 2007

