Openbravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Openbravo é un sistema de xestión empresarial (ERP) baseado en web e completamente funcional. Está orientado ás pequenas e medianas empresas. Inclúe a maioría de funcionalidades dun ERP: xestión de servizos e proxectos, xestión de produción, xestión financieira, etc. A súa estrutura de datos está baseada orixinalmente en Compiere.

Escrita en Java execútase sobre Apache e Tomcat e con soporte para bases de datos PostgreSQL e Oracle. Actualmente atópase dispoñible en español, inglés, italiano, portugués, ruso e ucraíno.

A licenza de Openbravo é Openbravo Public License Version 1.1 ("OBPL") que é unha adaptación da licenza libre Mozilla Public License.

Descrición[editar | editar a fonte]

Openbravo é unha aplicación completamente web que foi desenvolvida seguindo o modelo MVC (Model, View, Control). A maior parte do código xérase automaticamente polo motor denominado WAD (Wizard for Application Development), baseándose na información contida no Dicionario do modelo de datos (Data Model Dictionary). O motor executa e recompila a aplicación cada vez que o administrador modifica a configuración para adaptala a un novo requirimento do usuario.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Openbravo