Open Source Iniciative

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Open Source Initiative é unha organización dedicada á promoción do software de código aberto. Foi fundada en febreiro de 1998 por Bruce Perens e Eric S. Raymond.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

No 1997 Eric S. Raymond presentou unha obra sobre enxeñería de software, A Catedral e o Bazar, a cal buscaba amosar as vantaxes de enxeñería do enfoque utilizado para escribir o núcleo Linux.

A principios de 1998, Netscape Communications Corporation xunto con Raymond, publicaron o código fonte do seu produto insignia Netscape Communicator como software libre, dada a baixa das ganancias e dura competencia co Internet Explorer de Microsoft.

Un grupo de persoas interesadas no software libre e en GNU/Linux decidiron introducir un término de mercadotecnia para o software libre, procurando posicionalo como amigable para negocios e con menos carga ideolóxica na súa competencia co software propietario. Isto conduciu á creación do término Open Source (código aberto) e ao cisma con Richard Stallman e coa súa Fundación do Software Libre.

Logros[editar | editar a fonte]

  • O término "Open Source" foi extensamente tratado pola prensa desde 1998, aínda que a miúdo mal entendido.
  • Moitas empresas acolléronse á idea dun sistema operativo alternativo de software aberto.
  • A Open Source Initiative puido publicar memoranda interna de Microsoft, os documentos de Halloween, nos que se amosou a Microsoft como oponente de GNU/Linux e onde se suxiren varios métodos para eliminar ao software aberto.

Actualidade[editar | editar a fonte]

A Open Source Initiative segue activa, pero non publicamente visible en épocas recentes. Russ Nelson asumiu a presidencia da organización dende o 31 de xaneiro de 2005 sucedendo a Eric S. Raymond.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]