One Flew Over the Cuckoo's Nest
| Alguén voou sobre o niño do cuco | |
|---|---|
| Título orixinal | One Flew Over the Cuckoo's Nest |
| [[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Miloš Forman |
| Produtor | Saul Zaentz Michael Douglas |
| Guión | Lawrence Hauben Bo Goldman |
| Baseado en | One Flew Over the Cuckoo's Nest de Ken Kesey |
| Intérpretes | Jack Nicholson Louise Fletcher William Redfield Brad Dourif Danny DeVito Christopher Lloyd Will Sampson |
| Música | Jack Nitzsche |
| Fotografía | Haskell Wexler |
| Montaxe | Richard Chew Sheldon Kahn Lynzee Klingman |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | United Artists |
| Ano | 1975 |
| Duración | 133 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $3.000.000[1] |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
One Flew Over the Cuckoo's Nest (en galego: Alguén voou sobre o niño do cuco) é un filme americano de 1975 dirixido por Milos Forman. A historia foi adaptada da novela de Ken Kesey publicada baixo o mesmo nome. Na historia do cine, a película foi a primeira que gañou os cinco Óscares máis cobizados (Mellor filme, Mellor actor protagonista, Mellor actriz protagonista, Mellor guión, e Mellor director) desde Sucedeu unha noite (en inglés: It Happened One Night) en 1934, un logro que non se volvería repetir ata 1991 con O silencio dos cordeiros (orixinal: The Silence of the Lambs). O filme foi rodado no Hospital Estatal de Oregon en Salem, Oregon.
Índice |
O título [editar]
O título é tradución literal do inglés, como nas outras linguas románicas. En inglés cuckoo significa 'cuco' pero tamén en argot 'tolo'. Aparece na novela como parte duns versos que un dos amigos de McMurphy lembra da súa nenez. Os versos proceden dun poema de Louis Untermeyer: "One flew east, one flew west,/ and one flew over the cuckoo's nest" ('Un voou ó leste, un voou ó oeste,/ e un voou sobre o niño do cuco'). O cuco non ten niño propio e pon os ovos nos niños doutros paxaros. Por conseguinte as crias do cuco son hóspedes que se alimentan de páxaros que non son seus pais. No filme o niño está representado polo manicomio no que se mantén ós seus hóspedes baixo unha férrea e sádica disciplina, só en aparencia terapéutica. A novela homónima de Ken Kesey fora publicada en 1962. Non está traducida ó galego. O autor escribiuna inmediatamente despois da experiencia que tivera no hospital psiquiátrico onde traballara como enfermeiro.
Argumento [editar]
Randle Patrick McMurphy (Jack Nicholson), para non ter que ir a prisión, faise pasar por tolo e é enviado a un hospital psiquiátrico. Nel intentará animar a vida dos internos organizando partidas de cartas e partidos de básquet, influíndo no comportamento dos outros enfermos. Ó infrinxir as regras de disciplina do centro e rachar as súas rutinas comeza a ser perseguido pola sádica enfermeira Mildred Ratched (Louise Fletcher).
Personaxes [editar]
- Jack Nicholson como Randle McMurphy
- Louise Fletcher como Enfermeira Ratched
- William Redfield como Dale Harding
- Will Sampson como "Xefe" Bromden
- Brad Dourif como Billy Bibbit
- Sydney Lassick como Charlie Cheswick
- Danny DeVito como Martini
- Christopher Lloyd como Max Taber
- Dean R. Brooks como Doutor John Spivey
- William Duell como Jim Sefelt
- Vincent Schiavelli como Frederickson
- Delos V. Smith como Scanlon
- Michael Berryman como Ellis
- Nathan George como Washington
- Lan Fendors como Enfermeira Itsu
- Mimi Sarkisian como Enfermeira Pilbow
- Mews Small como Candy
- Scatman Crothers como Orderly Turkle
- Louisa Moritz como Rose
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 1975: 5 Oscars: Filme, director, actor (Jack Nicholson), actriz (Fletcher) e guión adaptado.
- 1975: Globos de Ouro: Mellor filme: Drama.
- 1975: Premios BAFTA: Mellor filme.
- 1975: Premios David di Donatello: Mellor director e actor estranxeiro (Jack Nicholson).
Notas [editar]
- ↑ Box Office Mojo (en inglés)