Ombú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ombú
Phytolacca dioica.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Phytolaccaceae
Xénero: Phytolacca
Especie: P. dioica
Nome binomial
Phytolacca dioica
L.
Sinonimia
  • Phytolacca arborea Moq.
  • Phytolacca populifolia Salisb.
  • Pircunia dioica (L.) Moq.
  • Sarcoca dioica (L.) Raf.[1]
Phytolacca dioica.

O ombú[2], Phytolacca dioica, é unha especie de planta arborescente pertencente á familia Phytolaccaceae. Foi introducido pola vez primeira en Europa por Hernando Colón, fillo de Cristovo Colón, que plantou varios exemplares en Sevilla, un deles no Mosteiro da Cartuja de Sevilla.[3][4]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta arborescente nativa da Pampa Arxentina e Uruguai. Malia o seu toro groso e o seu gran porte (acada unha altura de 10 a 15 metros, cunha ampla copa e grandes raíces visíbeis) é discutido se é unha árbore, un arbusto ou unha herba xigante; quen cientificamente aducen que é unha herba xigante resaltan principalmente as curiosas características do seu talo, bastante húmido e verde sen notorios aneis de casca: de madeira esponxosa e branda (a madeira de ombú a non ser que estea moi desecada non serve para facer leña nin para tallas de carpintaría), contén grandes cantidades de auga, o que lle permite sobrevivir na contorna de escasas choivas da pampa seca. Medra axiña, e é inmune a boa parte dos insectos que depredan as follas da flora da chaira da Pampa grazas ao seu zume tóxico. O seu nome é unha voz guaraní que significa sombra ou vulto escuro.

Usos[editar | editar a fonte]

Malia teren unha madeira de características "herbáceas" o ombú tivo e mantén grandes utilidades para o ser humano na rexión da chaira pampeá: serve de acubillo (especialmente de día como "sombra" para o descanso) ante xornadas moi calorosas ou en temporais e "avenidas" (grandes enchentes de augas); a súa sombra mantén a humidade superficial do chan adxacente e serve de fito ou sinal para situar distancias e territorios na planísima chaira da Pampa húmida.

Follas e acios de froitos do ombú.

As follas do ombú son de forma elíptica e bo tamaño, até 20 cm de longo, de cor verde escura brillante (máis claras no revés). Aparecen alternas, ao cabo dun pecíolo de escasa lonxitude. As flores son dioicas, e aparecen en acios terminais de cor abrancazada. O seu froito é unha baga de cor amarelenta, pardo clara na madureza, que contén sementes ovoides duns 3 mm de longo e cor negra brillante.

Xeralmente se desenvolven como especimes illados, aínda que algunhas veces se teñen atopado agrupacións importantes desta especie, como na chamada "Illa dos ombús" no Cerro Arequita, Lavalleja e o "Bosque de ombús", situado en Rocha, Uruguai, que é o único no mundo polo seu tamaño (estendéndose por unha faixa de 20 km). Hoxe en día hai poucos exemplares silvestres. É doado encontrar referencias ao ombú dentro do folclore riopratense e na tradición gauchesca.

Phytolacca dioica en Bos Aires, Arxentina. Idade estimada: 81 a 95 anos.

Árbores senelleiras en Galiza[editar | editar a fonte]

Dous exemplares desta especie figuran na lista de árbores senlleiras de Galicia, elaborada pola Xunta de Galicia:

Bonsai[editar | editar a fonte]

As súas características fano apto para os principiantes da técnica de bonsai.

A miúdo, o ombú non é ben tratado por xardineiros e agricultores xa que tenden a sometelo a unha rega excesiva, sendo que a propia planta contén gran cantidade de auga, que se vai acumulando dentro de si. Perante un exceso de rega córrese o risco de que se podrezan as raíces e o toro. Os signos de exceso de rega son: follas brandas e caídas, á súa vez apréciase o toro engurrado e mol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ombú en PlantyList. Consultado o 28 de maio de 2011.
  2. Nome vulgar galego en Termos Esenciais de Botánica, Santiago de Compostela, 2004.
  3. Sevilla Daily Photo (14 de marzo de 2012). "El ombú de Hernando Colón.". http://sevilladailyphoto.blogspot.com.es/2012/03/el-ombu-de-hernando-colon.html. 
  4. ABC de Sevilla (5 de xuño de 2013). "Descubrimos los árboles de Sevilla en el Día Mundial del Medio Ambiente". http://www.abcdesevilla.es/fotos-sociedad/20130605/descubrimos-arboles-sevilla-mundial-121716.html. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ombú

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Ca. nat. México. CONABIO, Mexico City.
  • Eliasson, U. H. 1993. 35A. Phytolaccaceae. 46: 1–43. In G. W. Harling & B. B. Sparre (eds.) Fl. Ecuador. University of Göteborg and Swedish Museum of Natural history, Göteborg and Stockholm.
  • Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  • Gibbs Russell, G. E., W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. v. Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1--152(pt. 1), 1--270(pt. 2).
  • Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. 2008. Nuev. Cat. Fl. Vas. Venezuela 1–860. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas, Venezuela.
  • Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181.
  • Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guia Arb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
  • López, J. A. & J. E. L. Little. 1987. Arboles Comunes del Paraguay 425 pp.
  • Macbride, J. F. 1937. Phytolaccaceae, Flora of Peru. Publ. Field Mus. Nat. Hist., Bot. Ser. 13(2/2): 546–558.
  • Marchioretto, M. S. & J. C. Siqueira. 1993. O gęnero Phytolacca L. (Phytolaccaceae) no Brasil. Pesquisas, Bot. 44: 5-40.
  • Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1946. Phytolaccaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemal a - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 192–202.
  • Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1-2): 1–1331.
  • Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1--983; 107(2): i--xx, 985--2286; 107(3): i--xxi, 2287--3348.