Omán
| سلطانة عمان Saltānat 'Umān Sultanato de Omán |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Omán é un país situado no extremo oriental da Península da Arabia. Está constituído por dous territorios descontinuos: o máis pequeno é a Península de Musandam e mailos territorios veciños, no Estreito de Ormuz, separados do resto de Omán polos Emiratos Árabes Unidos. O resto e meirande parte do país está á sureste da Arabia Saudí. A cidade de Madha forma un enclave no territorio dos Emiratos Árabes Unidos.
Índice |
Xeografía[editar]
Limita ao norte co golfo de Omán (ao outro lado do cal se extenden as costas do Irán); a leste e sur co mar de Arabia; a oeste co Iemen, Arabia Saudí e cos Emiratos Árabes Unidos. A capital do Omán é Mascate.
Politica[editar]
Omán é considerado unha monarquía absoluta. O sultán Qaboos bin Said Al Said goberna o país dende 1970.
Economía[editar]
- Artigo principal: Economía de Omán.
Demografía[editar]
A maioría dos 3.001.583 omanies (datos de 2005) son árabes, pero existe unha minoría baluchi. Hai tamén no país un número importante de traballadores extranxeiros, arredor de 600.000, provenientes da India, de Irán e de Pakistán, principalmente.
O 50% da poboación vive en Mascate e mais en Batina.
Estrutura de idade[editar]
0-14 anos: 42.7%(homes 744,265/mulleres 714,116) 15-64 anos: 54.5% (homes 1,079,511/mulleres 783,243) 65 anos e máis: 2.8% (homes 55,180/mulleres 41,770) (2010 est.)
|
||||||||