Olympia Larissa B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Olympia Larissa BC»)
G.S. Olympia Larisas
Información xeral
Nome Ολύμπια Λάρισας
Liga ESKA A1
Fundación 1979
Cores           Laranxa, azul
Presidente Grecia Georgios Malakos
Localización
Cidade Grecia Atenas, Grecia
Pavillón Neapolis Arenal
Capacidade 4.000
Inauguración 1995

O G.S. Olympia Larissa B.C. (en grego Ολύμπια Λάρισας, ás veces Olympia Larisas) é un club de baloncesto da cidade de Larissa (Grecia) que compite na cuarta categoría grega. O nome completo do club é Gymnastikos Syllogos Olympia Larissa Basketball Club e foi fundado en 1979, sendo un dos clubs deportivos máis novos de Grecia. As súas cores son o verde e o laranxa e xoga os seus partidos como local no Larissa Neapolis Arena, pavillón cunha capacidade para 4.000 espectadores. No 2009 fusionouse co AEL 1964.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1979. Tralo seu paso pola A2 Ethniki nos anos 90, conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki, categoría na que na tempada 2006-07 logrou clasificarse para os play-offs polo título ao clasificarse no 7º posto na liga regular con xogadores como o antigo xogador da Universidade de Florida Matt Walsh]] ou os elixidos na 2ª rolda do Draft da NBA do 2007 Giorgos Printezis e Giorgos Tsiaras. Ao ano seguinte clasificouse novamente para o play-off ao clasificarse no 8º posto da liga regular.

No 2008 disputou por primeira vez unha competición internacional, a EuroChallenge, acadando o Top 16. Esa mesma tempada conseguiu chegar aos cuartos de final da Copa de Grecia. No 2009 fusionouse co AEL 1964.

Destacados[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]