Ollo de boi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SeloOlhodeBoi.gif

Ollo de boi (Olho-de-boi en portugués) é o nome que se lle dá a primeira serie de selos postais emitidos polo Brasil en 1843, son tres selos de 30, 60 e 90 reais (popularmente no Brasil, réis). Contrariamente ós selos británicos o goberno brasileiro decidiu non representar ó soberano, Pedro II, nos selos para evitarlle a agresión que supuña a estampación do mataselos.

O nome dos selos provén do deseño cun grande óvalo portando o valor facial, actualmente están entre os selos máis raros do mundo.