Oliver Twist (filme de 2005)
| Oliver Twist | |
|---|---|
| Título orixinal | Oliver Twist |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Roman Polanski |
| Produtor | Roman Polanski Robert Benmussa Alain Sarde |
| Guión | Ronald Harwood |
| Baseado en | Oliver Twist de Charles Dickens |
| Intérpretes | Ben Kingsley Barney Clark Jamie Foreman Harry Eden Leanne Rowe Mark Strong |
| Música | Rachel Portman |
| Fotografía | Paweł Edelman |
| Montaxe | Hervé de Luze |
| Estudio | |
| Distribuidor | Warner Bros. Pictures/Pathé (RU) TriStar Pictures (USA) Summit Entertainment (Internacional) |
| Ano | |
| Duración | 130 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $60.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Oliver Twist é un filme británico dirixido por Roman Polanski que foi estreado no 2005. O guión escrito por Ronald Harwood está baseado na novela de 1838 Oliver Twist de Charles Dickens. Estreouse en galego na TVG o 29 de decembro de 2007.[2]
Índice |
Argumento [editar]
Os nenos de un orfanato pasan tanta fame que, desesperados, deciden que un deles fale do asunto ó director. O elixido é Oliver Twist, que será expulsado do centro e ofrecido como aprendiz a quen o queira contratar. Despois de limpar chemineas e traballar como axudante dun enterrador, Oliver escápase e chega a Londres. Nas aforas da cidade, canso e esfameado, coñece a Artful Dodger, que lle ofrece aloxamento. Dende entón verase obrigado a traballar para o malvado Fagin que dirixe unha banda de rapaces carteiristas.
Personaxes [editar]
- Ben Kingsley como Fagin
- Barney Clark como Oliver Twist
- Jamie Foreman como Bill Sikes
- Harry Eden como Artful Dodger
- Leanne Rowe como Nancy
- Mark Strong como Toby Crackit
- Edward Hardwicke como Mr. Brownlow
- Frances Cuka como Mrs. Bedwin
- Lewis Chasec como Charley Bates
- Michael Heath como Mr. Sowerberry
- Gillian Hanna como Mrs. Sowerberry
- Chris Overton como Noah Claypole
- Paul Brooke como Mr. Grimwig
- Ian McNeice como Mr. Limbkins
- Liz Smith como Muller Vella
- Patrick Godfrey como Libreiro
- Alun Armstrong como Maxistrado Fang
Notas [editar]
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Oliver Twist na TVG". Diario Siglo XXI. 29 de decembro de 2007. http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20071228200141. Consultado o 20 de abril de 2013.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web Oficial (en inglés)
- Ficha e Filmaffinity (en castelán)