Oligoclasio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oligoclasio
Fórmula química: (Ca,Na)Al(Al,Si)Si2O8
Clase: Silicato
Subclase: {{{subclase}}}
Sistema cristalino: Triclínico, pinacoidal
Cor: Incolora a branca-gris, castaña, verdosa ou amarelada
Brillo: Vítreo
Dureza: 6 - 6,5 (escala de Mohs)
Fractura: Escalonada, a veces concoidal
Exfoliación:
Raia: Branca
Densidade: 2,66 g/cm3

O oligoclasio é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro destes pertence aos feldespatos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de sodio e calcio, con moito máis sodio (79-90%) que calcio (10-30%). Presenta un aspecto de cristais ben formados brancos, frecuentemente en macla.

É un membro intermedio da serie de solución sólida dos plaxioclasios, sendo os extremos a albita (plaxioclasio de sodio) e a anortita (plaxioclasio de calcio). Por esta razón, ás veces é considerado como unha variedade da albita.

O nome procede do grego oligos e clasis, que significa "pequenas roturas". Sinónimos moi pouco usados son amansita, amantita, amausita ou oligoclasita.

Variedades semi-preciosas[editar | editar a fonte]

Variedade pedra de sol

A variedade pedra de sol ten escintileos de cor arroibada producidos por inclusións de hematita.

A variedade pedra de lúa mostra reflexos similares á luz da Lúa.

Ambiente de formación[editar | editar a fonte]

Fórmase en rochas ígneas e pegmatíticas, do tipo do granito e a sienita, nas que é un dos principais compoñentes minerais.

Polo seu ambiente de formación, os minerais aos que normalmente aparece asociado en ambos tipos de rocha son cuarzo, moscovita e feldespatos potásicos.

Localización, extracción e uso[editar | editar a fonte]

Algunhas variedades de oligoclasio son ben coñecidas e empregáronse como pedras semipreciosas, a pedra de sol e a pedra de lúa, sendo puídas en forma de cabuxón para a súa inclusión en colares e outros elementos de xoiería.

Acháronse notables depósitos en Sri Lanka, Estados Unidos, Suecia, Rusia e Canadá. A pedra do sol atópase nestes dous últimos e en Noruega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0471805807

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oligoclasio