Olerón
| Olerón | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Francia |
| Localización | océano Atlántico |
| Arquipélago | |
| Linguas | Francés |
| Poboación (2009) | 20.009 hab. |
| Superficie | 175 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 45°53.59′N 1°18′W / 45.89317°N 1.3°WCoordenadas: 45°53.59′N 1°18′W / 45.89317°N 1.3°W |
| Maior Altura | 34 m. |
| Localización | |
A Illa de Oléron (Francés:Île d'Oléron) é unha illa do Atlántico na costa oeste de Francia. Trátase da segunda maior illa da Francia metropolitana, por detrás de Córsega.
Índice |
Historia [editar]
No século sétimo e oitavo a illa, xunto con Ré, formou o Vacetae Insulae ou Illas Vacetian. Vaceti era outro nome para os vascóns.
Foi en Oléron entre 1152 e 1160 que Leonor de Aquitania introduciu o primeiro dereito marítimo nesa parte do mundo. En 1306, Eduardo I de Inglaterra concedeu a illa ao seu fillo, Eduardo II, como parte do ducado de Aquitania.
O 20 de marzo de 1586, a illa foi tomada por Agrippa d'Aubigné.
Xeografía [editar]
Trátase dunha fértil e ben cultivada illa na costa atlántica de Francia, que se atopa na Golfo de Biscaia. Ten 34 Km de longo por 15 de ancho e un relevo relativamente plano cunha cota máis alta de 34 metros. En total suman 175 km² nos que se agrupan 20.009 habitantes repartidos en oito comunas e dous cantóns (du Château-d'Oléron e de Saint-Pierre-d'Oléron).
Desde o 19 de marzo de 1966 está unida ao continente por unha ponte de 2.862 m (o segundo máis longo deste tipo en Francia, por detrás do da illa de Ré).
Forma xunto ás marismas de Marennes a zona ostrícola de Marennes-Oléron.
O clima é xeralmente tépedo (clima tépedo marítimo), con choivas suficientes pero non excesivas e de 3 a 15 días de intensa calor nos meses estivais de xullo e agosto, na súa maioría agrupados.
Administración [editar]
Administrativamente, a illa pertence á Charente-Maritime , departamento na rexión de Poitou-Charentes. A illa está dividida en 8 comunas:
- La Brée-les-Bains
- Le Château-d'Oléron
- Dolus-d'Oléron
- Le Grand-Village-Plage
- Saint-Denis-d'Oléron
- Saint-Georges-d'Oléron
- Saint-Pierre-d'Oléron
- Saint-Trojan-les-Bains
Transporte [editar]
Desde 1966, a illa esta conectada ao continente por unha ponte. Cunha lonxitude de 2.862 m.entre os alicerces, foi a ponte máis longa de Francia no momento da construción. Agora é a terceira, logo da Ponte de Saint-Nazaire e a Ponte da illa de Ré.
Turismo [editar]
Como gran illa do Atlántico a só 3 quilómetros da costa aquitana de Francia, Oléron é un popular destino turístico. Hai fermosas praias, o surf e montar da cabalo son actividades destacadas e hai moitos edificios interesantes.