Oleg de Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oleg
Príncipe de Nóvgorod e de Kiev
Oleg of Novgorod.jpg
Oleg de Novgorod pintado por Viktor Vasnetsov
Reinado 879 - c. 912-913
Falecemento c. 912-913
Predecesor Rúrik
Askold e Dir
Sucesor Igor
Dinastía Ruríkdas

Oleg de Kiev ou de Nóvgorod, tamén chamado Oleh (eslavo: Олег; nórdico antigo: Helgi; kházaro: posibelmente, Helgu),[1] e nas nacións eslavas coñecido como Oleg o Sabio (ruso: лег Вещий; ucraíno: Олег Віщий), nado en data descoñecida e finado en 912, foi un príncipe varego do Rus de Kiev, da dinastía dos ruríkidas que reinou de 882 a 921.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Parente e sucesor de Rúrik, o príncipe de Nóvgorod, probabelmente un cuñado,[2] era un varego de orixe (é dicir, un vikingo orixinario de Suecia), que tomou a herdanza de Rúrik, a dirección dos asuntos da Rus.

Reinaría trinta e tres anos na Rus de Kiev, primeiro como príncipe de Nóvgorod, de 879 a 912, e despois como príncipe e Kiev desde 882, ano en que traslada a súa capital á cidade de Kiev, fundando o poderoso Estado da Rus de Kiev.

Segundo as crónicas eslavas orientais, como a Crónica de Néstor, tivo o dominio absoluto da rexión durante os anos do seu reinado, datas que non concordan coa Carta de Schechter,[1] na que se mencionan as actividades de certo Gran Khan dos rus nos anos 940.

O seu sucesor foi Ígor de Kiev.

Predecesor:
Rúrik
Príncipe de Nóvgorod
879 - c. 912-913
Sucesor:
Ígor
Predecesor:
Askold e Dir
Príncipe de Kiev

Rus de Kiev
882 - c. 912-913

Sucesor:
Ígor

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 O texto da Carta de Schechter dase en Golb, pp. 106-121. Cítase neste por folio e liña, por exemplo SL de Schechter Letter, Carta de Schechter en inglés Fol. x:x). Este é un documento escrito por un kházaro xudeu contemporáneo de Romano I, no que se describen as actividades dun señor da guerra rus chamado Hlgw (hebreo: הלגו), normalmente transcrito como "Helgu". (SL Fol. 2º, 15-16; 17). O autor da carta describe Khazaría como a "nosa terra". (SL Fol. 1º: 19, 2v: 15,20.
  2. Considerouse en ocasións como fillo de Rúrik como, por exemplo en Lelorrain, Anne-Marie (dir.) (2005). El imperio carolingio y la llegada del feudalismo 814-1147. ISBN 84-8332-629-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oleg de Kiev Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Christian, David (1998). A History of Russia, Central Asia and Mongolia, Vol. 1.
  • Dunlop, D.M. (1954). History of the Jewish Khazars.
  • Gregoire, H. (1937). 'Le "Glozel' khazare.
  • al-Miskawaihi (1921). The Eclipse of the 'Abbasid Caliphate (Tradución de D. S. Margoliouth ed.).
  • Mosin, V. (1931). Les Khazars et les Byzantins d'apres l'Anonyme de Cambridge. pp. 309-325.
  • Zuckerman (1995). On the Date of the Khazar’s Conversion to Judaism and the Chronology of the Kings of the Rus Oleg and Igor. pp. 237-270.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]