Oficina Española de Patentes e Marcas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede da OEPM, en Madrid.

A Oficina Española de Patentes e Marcas é un organismo dependente do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, encargado das patentes en España, realizando funcións de recepción, estudo e concesión das diferentes modalidades de propiedade industrial que se conceden en España, salvo variedades vexetais e denominacións de orixe.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Este organismo concede patentes, modelos de utilidade, marcas, nomes comerciais, certificados complementarios de protección de medicamentos e produtos fitosanitarios, topografías de produtos semicondutores e deseño industrial. Tamén divulga información incluida nesas solicitudes, de especial importancia no caso de patentes pois permite averiguar o estado da arte mais actualizado.

Anteriormente era coñecida como Rexistro da Propiedade Industrial, dependente do Ministerio de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas posteriormente Ministerio de Industria, en 1903. Ten o seu nome actual desde 1992.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]