Ocean's Eleven

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ocean's Eleven
Título orixinal Ocean's Eleven
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Steven Soderbergh
Produtor Jerry Weintraub
Guión Ted Griffin
Baseado en
Intérpretes George Clooney
Matt Damon
Andy García
Brad Pitt
Julia Roberts
Casey Affleck
Scott Caan
Elliott Gould
Bernie Mac
Carl Reiner
Música David Holmes
Fotografía Steven Soderbergh
Montaxe Stephen Mirrione
Estudio Jerry Weintraub Productions
Section Eight Productions
Distribuidor Warner Bros.
Ano Flag of the United States.svg 7 de decembro de 2001
Galicia 6 de febreiro de 2010 (TVG)
Duración 117 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Thriller
Orzamento $85.000.000[1]
Recadación $450.717.150
Filme anterior
Filme seguinte Ocean's Twelve
Ficha en IMDb

Ocean's Eleven é un filme dirixido por Steven Soderbergh que foi estreado no 2001. É un remake do filme homónima de Lewis Milestone rodada en 1960. O guión de Ted Griffin está baseado no escrito por Harry Brown e Charles Ledererde para a película de 1960. Brown e Ledererde, á súa vez, basearon o seu guión nunha historia orixinal de George Clayton Johnson e Jack Golden Russell. Estreouse en galego na TVG o 6 de febreiro de 2010.[2]

Ocean's Eleven conta cunha segunda, Ocean's Twelve, e unha terceira parte, Ocean's Thirteen.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Danny Ocean (George Clooney) acaba de saír do cárcere pero xa ten pensado un gran roubo. Vai deixar sen luz a cidade das Vegas para roubar nun dos seus casinos, no que dirixe a parella da que fora a súa esposa. Para perpetrar o roubo conta con dez dos seus amigos, xuntos forman un grupo de once. Os once mozos de Ocean (Ocean's Eleven).

Personaxes[editar | editar a fonte]

Parte do reparto do filme. De esquerda a dereita: Brad Pitt, George Clooney, Matt Damon, Andy Garcia, Julia Roberts, e o director, Steven Soderbergh.

Ocean's Eleven[editar | editar a fonte]

En orde de recrutamento:

  1. George Clooney como Danny Ocean
  2. Bernie Mac como Frank Catton
  3. Brad Pitt como Rusty Ryan
  4. Elliott Gould como Reuben Tishkoff
  5. Casey Affleck como Virgil Malloy
  6. Scott Caan como Turk Malloy
  7. Eddie Jemison como Livingston Dell
  8. Don Cheadle como Basher Tarr
  9. Shaobo Qin como "The Amazing" Yen
  10. Carl Reiner como Saul Bloom
  11. Matt Damon como Linus Caldwell

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • En Alemaña, a película gañou o Bogey de Ouro.
  • Andy García gañou o ALMA (premios latinos) como mellor actor secundario en cine.
  • David Holmes gañou o premio da a mellor música para cine nos BMI Filme and TV Awards.
  • En Francia, a película estivo nomeada nos César como mellor película estranxeira.
  • En Inglaterra, Steven Soderbergh estivo nomeado como Mellor director nos Empire (agora, desde 2005, Sony Ericsson Empire)
  • O filme estivo nomeado ó premio que concede a Asociación de críticos na categoría de mellor reparto. En idéntica categoría, a película estivo nomeada pola Sociedade de críticos cinematográficos de Fénix. Do mesmo xeito, Debra Zane estivo nomeada ó premio que concede a Sociedade de Casting de America, na sección de mellor Casting para película de comedia.
  • A banda sonora de David Holmes foi nomeada pola Sociedade de críticos cinematográficos de Fénix.
  • O deseño de produción foi nomeado polo Gremio de Directores de Arte ó premio na Excelencia no deseño de produción: Foron nomeados tanto Philip Messina (deseñador de produción), como Keith P. Cunningham (director artístico) e os seus asistentes Robert Woodruff e Blair Huizingh
  • O vestiario de Jeffrey Kurland foi nomeado ó premio á Excelencia que concede o Gremio de deseñadores de vestiario.
  • Larry Blake e Aaron Glascock estiveron nomeados nos Golden Reel que conceden a sociedade de Editores de Son de Estados Unidos.

Secuelas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]