Obstinato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O obstinato é unha técnica de composición consistente nunha sucesión de compases compostos cunha secuencia de notas das que unha ou varias se repiten exactamente en cada compás. De aí o nome en italiano, que significa "obstinamento, empeño en repetir o mesmo".

Esta técnica é moi característica do período barroco, e moi utilizada na actualidade polos intérpretes de guitarra eléctrica, principalmente no Heavy Metal.