Observatorio de Collurania-Teramo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°39′18.00″N 13°43′49.00″E / 42.6550000°N 13.7302778°E / 42.6550000; 13.7302778 O Osservatorio Astronomico di Collurania-Teramo "Vincenzo Cerulli" é un observatorio astronómico italiano, xestionado polo Istituto Nazionale di Astrofisica, que se atopa nas proximimades de Téramo.

Historia[editar | editar a fonte]

O observatorio fundouno o astrónomo Vincenzo Cerulli, que se propuxo entre 1890 e 1891 crear o observatorio Collurania (de Collis Uraniæ) nos outeiros fronte á cidade de Téramo, nuns terreos propiedade da familia. Máis tarde o edificio tomaría o nome da localidade.

As observacións realizadas, utilizando un telescopio Cooke, comezan en 1896 e adícanse principalmente á observación do planeta Marte e as súas chamadas "canles", cuxo descubrimento en 1877 por Giovanni Virginio Schiaparelli provocaba animadas discusións astronómicas naquel tempo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]