Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto
|
||
|---|---|---|
| Competición | Liga ACB | |
| Fundado | 1970 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Multiusos Fontes do Sar (6.050) | |
| Cores | Branco, azul, vermello | |
| Historia | CAB Obradoiro (dende 1970) |
|
| Presidente | Raúl López | |
| Adestrador | Moncho Fernández | |
| Príncipe | 1 (2011) | |
| Copa Galicia | 3 (2011, 2012 e 2013) | |
| Alcume | Obra | |
| Patrocinador | Blu:Sens e Monbus | |
| Vestimenta | TREZZE | |
| Seareiros | Obradoiristas | |
| Sitio Web | www.obradoirocab.com | |
O Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto, denominado Blusens Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por cuarta ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional.
Índice |
Historia [editar]
Ate 1970 o baloncesto da cidade de Santiago de Compostela estivo representado nas competicións oficiais por un equipo do SEU e por unha sección da SD Compostela. Nese ano naceu o CAB Obradoiro, fundado por un grupo de 29 afeccionados dispostos a darlle un pulo renovado ó deporte da canastra na cidade. Na tempada 1970-71 o Obradoiro partíu da Terceira División, ocupando a praza da sección de baloncesto da SD Compostela. Naqueles tempos o equipo xogaba no antigo ximnasio universitario, onde na actualidade está o Auditorio da USC. [1]
Despois de ascender dende a Terceira División á Segunda División no seu terceiro ano de existencia, o Obradoiro CAB acadou a máxima división do baloncesto español ao remate da tempada 1981-82, cando ascendeu tras derrotar o CB Mataró. Formaban parte dese equipo Mario Iglesias, Eduardo Echarri, Jan Lomas, Balagué, Arturo Corts, Javi Vallejo, Montero, José Cobelo, Manolo Vidal, Alberto Abalde, Gil, Popocho Modrego, Julio Bernárdez e Pepe Casal, e Antonio Castro era o presidente da entidade.[2]
Nesa primeira tempada en primeira división o Obradoiro gañou unicamente dous encontros, e rematou na 14ª e última posición. [3]
En 1990 tenta de novo ascender a primeira, e ten que xogar a eliminatoria contra o Júver Murcia. No primeiro partido xoga polos murcianos Esteban Pérez, con nacionalidade arxentina, o que daquela supuña un aliñamento indebido.[4] O Obradoiro reclama o aliñamento e nos seguintes dous partidos da eliminatoria o Júver non inclúe a Pérez. Os tres partidos rematarían coa derrota do Obradoiro, pero este club reclama, primeiro á xustiza deportiva e logo pola vía ordinaria. Mentres se resolve o proceso, o Obradoiro descende varias categorías e móvese durante a década dos noventa e o comezo do século XXI polas categorías inferiores estatais e polas categorías galegas.
Nese tempo naceu en medrou outro club de baloncesto na capital galega, o CB Rosalía, que se converteu no equipo de baloncesto de referencia na cidade durante máis dunha década, chegando mesmo a loitar polo ascenso á Liga ACB na tempada 2007-08.
En 2003 o preito resólvese, e a Xustiza obriga a ACB a readmitir o equipo na primeira división estatal: pero os recursos económicos da entidade non poden facerlle fronte aos avais de 2003, e acoden de novo á xustiza para conseguir unhas condicións de acceso como en 1990. O Tribunal Supremo volve darlles a razón polo que lles concede unha praza na ACB nas condicións daquela tempada, e coa posibilidade de facela efectiva ao longo de tres anos.
Comezou a tempada 2009-10 xogando en casa contra o Barcelona, cunha derrota coma resultado. Malia unha gran primeira volta, rematou por descender á Liga LEB. Como feitos destacables cabe salientar a vitoria ante o Real Madrid no Multiusos do Sar.
Na tempada 2010-11, rematou a LEB Ouro no 2º posto, detrás do CB Murcia, e clasificouse para disputar os playoffs de ascenso á Liga ACB, nos que pasou as tres eliminatorias e volveu ascender á Liga ACB. Ademais, conseguiu a Copa Príncipe tras vencer ao Murcia no Multiusos do Sar.
Traxectoria en liga [editar]
A seguinte táboa amosa o percorrido do Obradoiro CAB polas diversas categorías do baloncesto nacional dende a tempada de debut en 1970/71 ate a actualidade: [5]
| Categoría | 2013 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Liga ACB/1ª División | 13 | 17 | 14 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| LEB Ouro/1ª División B | 2 | 15 | 5 | 13 | 22 | 6 | 7 | 12 | 3 | 8 | 14 | 8 | 4 | 4 | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||
| LEB Prata/2ª División | 1 | 2 | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Categorías rexionais |
- Tempadas na máxima categoría do baloncesto nacional (Liga ACB ou equivalente): 4
- Tempadas na segunda categoría do baloncesto nacional (LEB Ouro ou equivalente): 15
- Tempadas noutras categorías: 24
-
- 78/79, 79/90, 84/85, 90/91, 92/93, 93/94, 94/95, 95/96, 96/97, 97/98, 98/99, 99/00, 00/01, 01/02, 02/03, 03/04, 04/05, 05/06, 06/07, 07/08, 08/09
- Os números do Obradoiro CAB en ACB / Primeira División
| Tempadas | Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | P+ | P- | Postos na Tempada Regular | Resultado final | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2012-13 | 34 | 18 | 0 | 16 | 2556 | 2507 | 8º de 18 | Disputándose. | ||||
| 2011-12 | 34 | 13 | 0 | 21 | 2405 | 2481 | 13º de 18 | Permanencia. | ||||
| 2009-10 | 34 | 8 | 0 | 26 | 2519 | 2814 | 17º de 18 | Descenso. | ||||
| 1982-83 | 26 | 2 | 0 | 24 | 1895 | 2466 | 14º de 14 | Descenso. |
- Xog. Xogados ; Gañ. Gañados ; Emp. Empatados ; Per Perdidos ; P+ Puntos anotados ; P- Puntos encaixados.
Palmarés [editar]
|
|
|||
Copa do Rei [editar]
- 1982-1983. Oitavofinalista, fronte ó OAR Ferrol (74-91) e (94-84).
Copa Príncipe de Asturias [editar]
- 2010-2011. Campión, fronte ó CB Murcia (81-78) en Santiago de Compostela.
Copa Galicia [editar]
- 1985-1986. Subcampión, fronte ó CB Breogán (70-67) en Ourense.
- 2009-2010. Subcampión, fronte ó CB Breogán (63-57) en Porriño.
- 2010-2011. Campión, fronte ó COB Ourense (72-61) en Lalín.
- 2011-2012. Campión, fronte ó COB Ourense (72-70) en Noia.
- 2012-2013. Campión, fronte ó COB Ourense (86-67) en Ourense. [6]
Outras competicións [editar]
- 1984-1985. Campión de Liga de Segunda División.
Pavillón [editar]
O Obradoiro CAB xoga os seus encontros como local no Pavillón Multiusos Fontes do Sar, situado no oeste da cidade, nunha zona coñecida como Brañas de Sar, ó pe do Monte Gaiás. O recinto foi inaugurado en 1998, e ten capacidade para acoller a 6.050 seareiros. O equipo comparte este pavillón co Santiago Futsal, o equipo de fútbol sala que compite na máxima categoría da LNFS. Este pavillón é propiedade do Concello de Santiago de Compostela.
O primeiro fogar do Obradoiro CAB foi o Ximnasio da USC (actual Auditorio do Campus Vida). En 1976 mudouse ó Pavillón Brañas do Sar, construído polo propio club. Nese recinto chegaron os primeiros grandes éxitos da entidade, incluíndo a tempada 1982-83 na que o equipo competíu na máxima categoría da Liga Española de Baloncesto. Coa chegada dos problemas legáis o equipo comezou a xogar no Pavillón Municipal de Santa Isabel, propiedade do concello, que pasou a ser o principal pavillón da cidade. O Obradoiro CAB volveu a Sar en 2009, para xogar no Pavillón Multiusos Fontes do Sar, construído sobre o antigo Pavillón Brañas do Sar.
- (2009- ......) Pavillón Multiusos Fontes do Sar
- (1990-2009) Pavillón Municipal de Santa Isabel
- (1976-1990) Pavillón Brañas do Sar
- (1970-1976) Ximnasio da USC
Dende o regreso do Obradoiro CAB á elite do baloncesto nacional, a afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do equipo na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas. De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pavillón medrou ata os 5241. [7]
- ACB 2011-12 —— 5.241 seareiros por encontro.
- LEB 2010-11 —— 4.297 seareiros por encontro.
- ACB 2009-10 —— 5.509 seareiros por encontro.
Xogadores [editar]
- Véxase tamén: Xogadores do Obradoiro CAB.
- Véxase tamén: Cadros de xogadores de tempadas pasadas do Obradoiro CAB.
Xogadores 2012/13 [editar]
| CAB Obradoiro 2012-2013 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores [8] | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estatísticas individuais [editar]
|
|
Datos actualizados o 19 de maio de 2013.
- Xogadores que acadaron o MVP da xornada na ACB
| Xogador | Valoración | Xornada |
|---|---|---|
| 35 puntos de valoración | Mellor xogador da ACB na xornada 13 da tempada 2009-10. | |
| 35 puntos de valoración | Mellor xogador da ACB na xornada 25 da tempada 2009-10. | |
| 37 puntos de valoración | Mellor xogador da ACB na xornada 18 da tempada 2011-12. | |
| 30 puntos de valoración | Mellor xogador da ACB na xornada 4 da tempada 2012-13. | |
| 29 puntos de valoración | Mellor xogador da ACB na xornada 29 da tempada 2012-13. |
Datos actualizados o 26 de marzo de 2013.
Notas [editar]
- ↑ Historia do Obradoiro CAB na páxina oficial do club
- ↑ Aquella temporada en la elite, artigo de El Correo Gallego. (en castelán)
- ↑ Resultados do Obradoiro CAB na tempada 1982-83 da Liga
- ↑ 21 años después... el Obra vuelve al play-off a la ACB (en castelán)
- ↑ Traxectoria do Obradoiro CAB polas distintas ligas de baloncesto dende a súa fundación na web da ACB
- ↑ Palmarés da Copa Galicia de baloncesto na páxina da Federación Galega
- ↑ Datos obtidos sumando as cifras oficiais de cada xornada da Liga ACB e dividindo entre o número de encontros
- ↑ Cadro de xogadores do Obradoiro CAB na páxina oficial do club
- ↑ Estatísticas dos xogadores do Obradoiro CAB na tempada 2009-10 da Liga ACB
- ↑ Estatísticas dos xogadores do Obradoiro CAB na tempada 2011-12 da Liga ACB
- ↑ Estatísticas dos xogadores do Obradoiro CAB na tempada 2012-13 da Liga ACB
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web oficial do Obradoiro CAB
- Páxina web oficial da Liga ACB (en castelán)
- Páxina web oficial da Federación Española de Baloncesto (en castelán)
- Páxina web oficial da Federación Galega de Baloncesto
|
|||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||