Rexión de Poltava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Oblast de Poltava")
Localización do oblast de Poltava

O oblast de Poltava (Полтавська область) é un oblast (provincia) do centro de Ucraína, o centro administrativo do oblast é a cidade de Poltava. A superficie do oblast é de 28.748 km² e a poboación de 1.544.085 (2006). Etnicamente segundo o censo de 2001 o 91.4% da poboación é ucraína e o 7.2% rusa.