Obediencia (libro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Obediencia
Autor/aAntón Lopo
CubertaManuel Janeiro
OrixeGaliza
LinguaLingua galega
Xénero(s)novela
EditorialGalaxia
Data de pub.2010
FormatoRústica con lapelas
Páxinas352
ISBNISBN 978-84-9865-318-2
editar datos en Wikidata ]

Obediencia é unha novela en lingua galega escrita polo escritor monfortino Antón Lopo e publicada pola Editorial Galaxia na segunda metade de 2010, logo de acadar o Premio García Barros de narrativa.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha obra de ciencia ficción ambientada no século XXII, nunha república galega na que o goberno perdeu o control de todo o territorio agás Compostela. A cidade é o centro dunha economía puxante que se contrapón á Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático, habitado por mutantes e desvalidos, baixo unha condicións ambientais lamentábeis. Até aló, onde opera o grupo resistente Alogon, chegará Elba Mácara, a protagonista da novela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]