O traxe novo do emperador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O traxe novo do emperador
Ilustración de Bertall para o conto O traxe novo do emperador
Título orixinalKeiserens nye Klæder
Autor/aHans Christian Andersen
OrixeDinamarca
LinguaDinamarqués
Tema(s)Conto
Xénero(s)Conto de fadas, conto longo, literatura infantil
Data de pub.1837
editar datos en Wikidata ]

O traxe novo do emperador[1], O rei vai nu ou A roupa nova do rei (Keiserens nye Klæder, no orixinal dinamarqués) é un conto de fadas obra do dinamarqués Hans Christian Andersen, e foi inicialmente publicado en 1837.

É o número nove dos contos de Andersen.

A historia[editar | editar a fonte]

Un bandido, facéndose pasar por un alfaiate de terras distantes, di a un determinado rei que podería facer unha roupa moi bonita e cara, mais que só as persoas máis intelixentes e astutas poderían vela. O rei, moi vaidoso, gustou da proposta e pediu ao bandido que fixese unha roupa desas para el.

O bandido recibiu varios baúis cheos de riquezas, rolos de fío de ouro, seda e outros materiais raros e exóticos, esixidos por el para a confección das roupas. Gardou todos os tesouros e ficou no seu tear, finxindo tecer fíos invisíbeis, que todas as persoas alegraban ver, para non pareceren parvas.

Até que un día, o rei cansouse de esperar, e el e mailos seus ministros quixeron ver o progreso do suposto "alfaiate". Cando o falso tecelán mostrou a mesa de traballo baleira, o rei exclamou: "Que lindas vestiduras! Vostede fixo un traballo magnífico!", aínda que non vise nada alén dunha simple mesa, pois dicir que non vía res sería admitir fronte aos seus súbditos que non tiña a capacidade necesaria para ser rei. Os nobres ao redor soltaron falsos suspiros de admiración polo traballo do bandido, ningún deles querendo que achasen que era incompetente ou incapaz. O bandido garantiu que as roupas logo estarían completas, e o rei argallou un gran desfile na cidade para exhibir as vestiduras especiais. A única persoa quen de desenmascarar a farsa foi un rapaz: "O rei está nu!". O grito escóitano todos, o rei se encolle, sospeitando que a afirmación é verdadeira, mais mantense orgulloso e continúa a procesión.

Orixe[editar | editar a fonte]

O conto corresponde ao tipo 1.620 da clasificación de Aarne-Thompson: A roupa nova do rei.[2]

Pódense atopar variantes da historia amplamente dispersas polo globo, incluíndo versións da mesma en Sri Lanka, en Turquía e na India.[3]

Análise[editar | editar a fonte]

A historia dun cativo esnaquizando os degoiros dun rei ten paralelos con outras culturas sendo categorizada por Aarne-Thompson no número 1.620 da súa clasificación de contos folclóricos.

As expresións O traxe novo do emperador e O emperador vai nu úsanse a miúdo en alusión ao conto de Andersen, a metáfora indica unha situación na que unha ampla (e usualmente sen poder) maioría de observadores decide de común acordo compartir unha ignorancia colectiva dun feito obvio, aínda cando individualmente recoñezan o absurdo da situación. Unha metáfora do contrario, na que cada individuo insiste na súa proposta a pesar das evidencias dos demais pode atoparse na historia d'Os cegos e o elefante.

O conto tamén se usa en referencia á «verdade a través dos ollos dun neno», a idea de que a verdade a miúdo é dita por xente demasiado inxenua para entender que haxa grupos de presión que din o contrario ao obvio. Este é un tema «da pureza coa inocencia» que pode verse en moias outras obras de Andersen.

«O traxe novo do emperador» ou «O rei vai nu» úsase ás veces en política e sociedade para se referir a calquera verdade obvia negada pola maioría a pesar da evidencia, especialmente cando é proclamada polo goberno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hans Christian Andersen. Contos de Andersen. Xavier Rodríguez Baixeras (tradución). Edicións Xerais. ISBN 9788483024553. 
  2. AT 1620: The King's New Clothes.
  3. Outros contos deste tipo no sitio do folclorista estadounidense D. L. Ashliman sobre O traxe novo do emperador. Consultado o 3 de maio de 2010. Contos semellantes no sitio Arquivado 17 de marzo de 2014 en Wayback Machine. SurLaLune Fairytales. Acceso 2010-03-06.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]