O soño do falcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O soño do falcón
Autor/aXabier Iglesias
OrixeEspaña
Lingualingua galega
Xénero(s)novela
Data de pub.2003
editar datos en Wikidata ]

O soño do falcón é a primeira novela do escritor coruñés Xabier Iglesias. Foi publicada pola editorial Toxosoutos no 2003.

Argumento[editar | editar a fonte]

A obra narra a vida do conde Pedro de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga, destacado representante da nobreza galega medieval e que protagonizou os feitos políticos e militares máis importantes da súa época, como foron a revolta Irmandiña e a resistencia contra o poder da Coroa de Castela.

A novela, subtitulada Vida e batallas do Cabaleiro don Pedro Álbares de Soutomaior, conde de Camiña, por mal nome chamado "Pedro Madruga", incide nos dous devezos que guiaron os actos de Pedro de Soutomaior: a afirmación da súa propia liberdade contra o poder da Coroa e a Igrexa, e tamén a loita constante, sempre escrita dacabalo e coa espada na man, na defensa do interese político da unión de Galicia e Portugal, nun tempo en que o poder de Castela mandaba o contrario.

Estruturada en catro tempos de catro capítulos cada un, e dous máis, un a xeito de introdución e outro de epílogo, repasa toda a biografía do nobre, dende os seus devanceiros Paio Sorrei e Fernán Eáns de Soutoamior, pai de Pedro, ata a fin dos seus días en Alba de Tormes, provincia de Salamanca.

Fontes e estilo[editar | editar a fonte]

Segundo recoñece o autor nunha entrevista a Biblos Clube de Lectores (nº 5, 2003), foille precisa máis dunha década de investigación para rematar con éxito a novela, apoiándose en textos históricos dos anos 50 do pasado século en diante.

Xabier Iglesias desenvolve nesta obra unha liña histórica clara recorrendo á fabulación para explicar por que o protagonista desenvolveu os feitos do xeito no que sucederon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]