O planeta dos simios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O planeta dos simios
Título orixinal Planet of the apes
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Franklin J. Schaffner
Produtor Arthur P. Jacobs
Guión Michael Wilson
Rod Serling
Baseado en La Planète des singes de Pierre Boulle
Intérpretes Charlton Heston
Roddy McDowall
Kim Hunter
Maurice Evans
James Whitmore
James Daly
Linda Harrison
Música Jerry Goldsmith
Fotografía Leon Shamroy
Montaxe Hugh S. Fowler
Estudio APJAC Productions
Distribuidor 20th Century Fox
Ano 1968
Duración 112 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Ficción científica
Orzamento $5.800.000
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte Beneath the Planet of the Apes
Ficha en IMDb

O planeta dos simios (en inglés, Planet of the Apes) é un filme dirixido por Franklin J. Schaffner que foi estreado en 1968. Está baseado na novela La Planète des singes de Pierre Boulle.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.
A escena final foi rodada nunha praia entre Malibu e Oxnard en California.

Unha nave espacial procedente da Terra realiza unha aterraxe forzosa nun planeta descoñecido. Os astronautas, ó mando de Taylor (Charlton Heston) inspeccionan os arredores e descobren que neste planeta os seres intelixentes son uns simios que comparten características físicas cos chimpancés (civís), gorilas (militares) e orangutáns (relixiosos e políticos) da Terra, pero que desenvolveron unha civilización e unha linguaxe (intelixíbel por Taylor). Os humanos deste mundo, en troques, teñen facultades moi pouco desenvolvidas, son incapaces de falar e son tratados coma gando polos simios. Taylor é apreixado, sufrindo unha lesión na gorxa que lle impide falar, e os simios lévano á súa aldea xunto con outros humanos cazados na mesma batida.

Na aldea, os científicos estúdano detidamente. Co tempo, Taylor gaña a confianza de dous mozos chimpancés e finalmente consegue fuxir. Na súa fuxida avanza ó longo da costa, ata que fai un achado que o deixa impresionado.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Repercusión[editar | editar a fonte]

O éxito desta longametraxe levou á produción de varias secuelas e precuelas, unha serie de televisión e outra de banda deseñada nos anos sesenta e setenta.

O planeta dos simios foi continuado por catro secuelas:

e dúas serie de televisión:

(A pesar do lío con "battle" por "conquista" na quinta película da saga, que corresponde ó "conquest" da cuarta en inglés, esta foi a tradución que no seu momento se fixo dos títulos das películas en castelán)

Remakes:

Candidaturas ós Oscars[editar | editar a fonte]

A película foi candidata ós premios da Academia de Cinema dos Estados Unidos nas categorías de Mellor Banda Sonora e Mellor Vestiario. Gañou un premio honorífico pola calidade da maquillaxe (no 1969 non existía esta categoría nos premios Oscar). A maquillaxe supuxera o 17% do total dos orzamentos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]