O lobo e os sete cabuxos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| O lobo e os sete cabuxos | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
O lobo e os sete cabuxos é un conto de fadas dos irmáns Grimm, escritores e filólogos alemáns célebres polos seus contos para nenos.
Índice |
Resumo do conto [editar]
Cando a nai dos sete cabuxos tivo que saír de casa avisoulles de que tiveran coidado co lobo, pois seguramente tentaría enganalos para que lle abriran a porta e comelos. Pero a pesar do coidado dos cabuxos, o lobo consegue entrar e só un, o máis cativo, puido salvarse de ser comido polo lobo. Cando a nai volveu a casa, contoulle o que acababa de ocorrer e, xuntos, salvan ós outros cabuxos e líbranse do lobo.
Publicación [editar]
O lobo e os sete cabuxos é o conto número 5 dos irmáns Grimm.[1]
Notas [editar]
- ↑ Jacob and Wilheim Grimm, Household Tales "The Wolf and the Seven Young Kids"