O lobo e os sete cabuxos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O lobo e os sete cabritos»)

O lobo e as sete cabuxas
O lobo e as sete cabuxas, ilustración de Carl Offterdinger.
Título orixinalDer Wolf und die sieben Geißlein
Autor/aTradicional/Irmáns Grimm
OrixeAlemaña
Lingualingua alemá
Tema(s)Conto
Xénero(s)Conto de fadas
Data de pub.1812
editar datos en Wikidata ]

O lobo e os sete cabuxos[1] (no orixinal alemán, Der Wolf und die sieben jungen Geisslein), O lobo e os sete cabritiños[2] Os sete cabritos[3][4], é un conto de fadas tradicional recollido polos irmáns Grimm.

Resumo do conto[editar | editar a fonte]

Cando a nai das sete cabuxas tivo que saír de casa, avisounas de que tiveran coidado co lobo, pois seguramente tentaría enganalas para que lle abrisen a porta e comelas. Malia o coidado das cabuxas, o lobo consegue entrar e só unha, a máis cativa, puido salvarse de ser comida polo lobo agochándose na caixa do reloxo. Cando a nai volveu á casa, contoulle o que acababa de ocorrer e, xuntas, salvan as outras cabuxas e líbranse do lobo.

Publicación[editar | editar a fonte]

O lobo e as sete cabuxas é o conto número 5 dos irmáns Grimm.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en BiTraGa. Tradución de Carme Torres París (Xerais, col. Sopa de contos, 2003).
  2. Ficha en BiTRaga. Tradución do equipo da Editorial Sálvora, 1996, col. Os meus clásicos favoritos.
  3. Ficha en BiTraGa. Tradución de Xosé Ballesteros (Kalandraka, Col. Os contos do trasno Comodín, 1998),
  4. Tamén con este títuo na tradución de [[[Tareixa Alonso García]] para OQO (2008).
  5. Jacob and Wilheim Grimm, Household Tales "The Wolf and the Seven Young Kids" Arquivado 14 de setembro de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]