O gran caderno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gran caderno
Título orixinalLe Grand Cahier
Autor/aAgota Kristof
OrixeSuíza
Linguafrancés
ColecciónAs literatas
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.orix. 1986 / trad. 2000
Formato11,2 x 17,5 cm
Rústica cosido a fío
Páxinas168
ISBNISBN 978-84-8302-496-6
Seguido porLe Preuve
TraduciónMarga Rodríguez Marcuño
editar datos en Wikidata ]

O gran caderno (título orixinal en francés Le Grand Cahier) é unha novela de Agota Kristof publicada en 1986. Foi traducida ao galego por Marga Rodríguez Marcuño e publicada por Edicións Xerais en 2000 (volveuse publicar en 2022, cunha nova tradución de Moisés Barcia, no catálogo de Rinoceronte)[1].

Trama[editar | editar a fonte]

Na Gran Vila a guerra está a facer estragos. Unha muller marcha ao campo cos seus dous fillos xemelgos para que queden na casa da Avoa. Esta recíbeos sen ganas, logo de que a filla non a visitase nin escribise durante anos. Con todo, aprenden a convivir os tres xuntos co frío, a fame e a crueldade cotiá nun país devastado.

Entre os tres traballan a terra e crían gando. A Avoa comercia na Pequena Vila, situada a uns quilómetros da aldea, cos produtos obtidos. Os nenos fanse amigos de Bico de Lebre, unha rapaza veciña maior ca eles. Un día, chega unha rapaza co seu avó, e este pídelle á Avoa que se faga cargo dela. A rapaza, adolescente, faise pasar por curmá dos rapaces.

Cando os ataques pola zona son máis duros, chega a nai dos rapaces cun novo bebé e pídelles que marchen con ela ao estranxeiro. Eles non queren, e tras discutiren, marcha nun jeep do exército cun oficial. Pero mentres escapan, un obús cae no xardín e mata a muller e o bebé. Os rapaces sotérranas no propio xardín. Cando chegan os soldados "Libertadores" violan as mulleres (entre elas Bico de Lebre, que acaba morta desangrada, e a súa avoa) e saquean os comercios.

O exército dos Libertadores impón a súa cultura e a súa política. Péchanse as fronteiras. O pai dos rapaces, xornalista, pídelles axuda para marchar ao estranxeiro. Eles levan adiante un plan ben coidado. O pai morre ao pisar unha mina, e un dos irmáns cruza a fronteira detrás del.

Narración[editar | editar a fonte]

O modo en que a autora escribiu a novela aparece reflectido na propia narración. O "caderno" é escrito polos rapaces, que se propoñen redactar coa maior obxectividade posible os seus descubrimentos, aprendizaxes e vivencias.

Edición galega[editar | editar a fonte]

A tradución ao galego de Marga Rodríguez Marcuño foi publicada por Edicións Xerais en xuño de 2000 na colección As Literatas (dirixida por María Xosé Queizán) en formato de peto. Conta cun limiar da tradutora sobre a autora e maila súa obra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na web de Rinoceronte Editora.
  1. Nesta edición, o título gráfase con maiúsculas iniciais, O Gran Caderno, e o nome e apelido da autora adopta senllos acento gráficos, Ágota Kristóf.