O espírito do bosque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O espírito do bosque (2008) é a terceira longametraxe de animación producida por Dygra Films.

Produción e distribución[editar | editar a fonte]

A película está dirixida por David Rubín, que se encargou da dirección artística, e Xoán Carlos Pena, encargado de coordinar a produción técnica. A película foi presentada no Festival de Cannes e seleccionada para competir na sección oficial da XXV edición do Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago, que ten lugar entre o 23 de outubro e o 2 de novembro de 2008.

Na súa produción participaron máis dun cento de persoas, entre animadores, deseñadores, músicos, físicos, técnicos e dobradores. Esta última faceta foi levada a cabo na súa versión en galego por coñecidas voces de dobraxe da Galega. A distribución da cinta, que costou catorce millóns de euros, corre a cargo de Manga Films, a diferenza dos dous títulos anteriores de Dygra, que foron comercializados por Buenavista.

Trama[editar | editar a fonte]

A trama da película, ambienta da Fraga de Cecebre, ao igual que a súa anterior produción, O bosque animado, consiste no intento das árbores e animais da mesma en impedir que se constrúa unha estrada a través do bosque. A ambientación e varias das personaxes son as mesmas que en O bosque animado.

Personaxes e actores de dobraxe na versión galega[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Foi candidata ao Goya á mellor longametraxe de animación en 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]