O desfalco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O desfalco
Título orixinalRastrátchiki
Autor/aValentin Kataev
OrixeRusia
LinguaRuso
ColecciónClásica
Xénero(s)Narrativa
EditorialRinoceronte Editora
Data de pub. 1920
Galicia 2007
Páxinas194
ISBNISBN 978-84-935375-2-4
TraduciónEkaterina Guerbek
editar datos en Wikidata ]

O desfalco é unha novela de Valentin Kataev, escrita en lingua rusa co título orixinal de Rastrátchiki e publicada por vez primeira por entregas nunha revista en 1926. Foi traducida ao galego por Ekaterina Guerbek, sendo publicada en 2007 por Rinoceronte Editora.

Está ambientada na década dos 1920 soviético, en tempos da Nova Política Económica, cando o Estado se propón pórlle fin á malversación de fondos; e para esta obra, o autor inspirouse en artigos xornalísticos da época. Da novela, o autor fixo unha peza de teatro ao ano seguinte para o teatro moscovita MJAT. Tanto a obra narrativa como a de teatro están traducidas a numerosas linguas.

Argumento[editar | editar a fonte]

En Moscova, dous funcionarios, Filip Stepánovich e Váñechka, furtan o diñeiro todo que lle tiñan que entregar aos empregados, e andan escapados por San Petersburgo até que fican sen un can e se entregan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]