O astronauta caído

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placa e figuriña.

O astronauta caído, no orixinal inglés Fallen Astronaut, é unha escultura de aluminio de 8,5 centímetros de altura dun astronauta con traxe espacial, obra do artista belga Paul Van Hoeydonck.

Historia e características[editar | editar a fonte]

En 1971, O astronauta caído foi colocado na lúa pola tripulación do Apolo XV canda unha placa que mostra os nomes ordenados alfabeticamente de oito astronautas e seis cosmonautas que faleceron en misións ou durante adestramentos.

Trátase da única obra de arte realizada co propósito de permanecer na lúa. Poderíase argumentar que hai outros obxectos que ficaron alí, como as bandeira dos Estados Unidos de América ou da Unión Soviética, ou as placas lunares dos distintos Apollo, pero tal non era o seu principal cometido, cousa que si sucede con esta figuriña de aluminio.

Listaxe de falecidos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]