O alquimista impaciente
O alquimista impaciente é unha coprodución galega dirixida por Patricia Ferreira do ano 2002.
Trátase dunha longametraxe de suspense de 110 minutos de duración e protagonizada por Carlos Blanco, María Bouzas, Monti Castiñeiras e Evaristo Calvo entre outros.
Está producida por Cartel, S.A., Continental Producciones, S.A., Jempsa, Patagonik Film Group, SB Producciones, Televisión de Galicia (TVG) e Tornasol Films, S.A.
Índice |
Argumento[editar]
O sarxento Rubén Bevilacqua e a súa compañeira, a garda Virginia Chamorro, investigan a morte dun home nun motel de estrada. A vítima é un enxeñeiro dunha central nuclear, e a súa morte desata as especulacións tremendistas da prensa. Averiguan que o enxeñeiro chegou ó motel acompañado dunha muller nova, moi alta e fermosa, da que non se atopa o menor rastro. O caso arquívase ata que tres meses máis tarde se descobre o cadáver dunha muller.
O filme adapta a novela homónima de Lorenzo Silva.
Intérpretes[editar]
- Carlos Blanco
- María Bouzas
- Monti Castiñeiras
- Víctor Clavijo
- Roberto Enríquez
- Chete Lera
- Víctor Mosqueira
- Antonio Mourelos
- Adriana Ozores
- Santi Prego
- Ingrid Rubio
- Miguel Ángel Solá
Equipo técnico[editar]
- Dirección: Patricia Ferreira
- Produción: Francisco Casal, Eduardo Campoy
- Produción executiva: Gerardo Herrero
- Montaxe: Carmen Frías
- Director de fotografía: Marcelo Camorino
- Dirección de arte: Rafael Palmero
- Compositor da música: Javier Navarrete