O Viso, Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Viso.
O Viso
OViso.jpg
Igrexa de Santa María do Viso.
Concello: Redondela
Área: - km²
Poboación: (Ano 2004) 1.521 hab.
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 4

Santa María do Viso é unha parroquia situada ó norte do concello de Redondela. Linda coas parroquias de Cesantes, Ventosela e co Concello de Soutomaior. Está formada por catro núcleos de poboación: Tuimil, A Nogueira, Souto Xusto e Saramagoso, onde conviven 1.521 veciños.

Índice

[editar] Xeografía

Está atravesada polo río Pexegueiro de onde se nutren de auga unha serie de muíños que no seu tempo foron decisivos para a economía da zona. A aldea de Souto Xusto posúe unhas tranquilas calas na beira do mar. Na Nogueira pódense visitar algúns petróglifos esculpidos polos antecesores dos actuais poboadores. En Tuimil atópase o parque do Loureiro, un lugar idóneo para o deleite de nenos e maiores grazas a súa tranquilidade e a beleza do conxunto florístico.

[editar] Patrimonio

capela da Virxe das Neves

O Viso está atravesada de sur a norte polo camiño portugués a Santiago de Compostela. Con todo, a parroquia destaca pola atalaia do Monte da Peneda, que preside toda esa zona. No seu cumio está a capela da Virxe das Neves, nos terreos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o Castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois. Nese lugar, de grandes vistas cara a ría de Vigo e cara o val do río Verdugo, onde está o Castelo de Soutomaior, tamén hai restos de poboados castrexos.

restos da muralla do Monte da Peneda

O nome do Viso ten unha clara reminiscencia funcional na súa toponimia. Procede da forma visu, dos verbos latinos video e viso (ver, contemplar), e fai referencia a lugares elevados desde onde se poden contemplar amplas panorámicas. O seu nome procede entón da presenza do antes mencionado miradoiro da Peneda. O Pai Sarmiento, na súa viaxe a Galicia en 1745, apunta:

... sóbese a un alto desde o que se divisa toda a ría de Vigo, e as illas de Baiona, que semellan pechar toda a barra ... aquí un monte altísimo como pirámide, que chamar A Peneda. No alto hai ruínas dun castelo, e hoxe hai unha nova ermida de Nosa Señora, que chaman de Peneda. Este monte deixa case ó poñente a ría de Vigo, e case ó oriente Souto Maior ...

[editar] Festas

As festas máis importantes da parroquia son:

  • San Blas (antiguamente unha burra acompañada duns gaiteiros e dos organizadores da festa recorrian as rúas da parroquia repartindo rosquillas, viño,...,ademais da verbena da noite e os actos relixiosos, actualmente, por mor de non haber organización que se faga cargo,só se realizan as misas e procesión o día 3 de Febreiro.
  • Festa da Virxe das Dores da Teixeira (primeiro fin de semana de setembro, no barrio de Tuimil)
  • Romaría da Virxe da Peneda (luns de pascua e 5 de agosto).
  • Festa de San Antonio, no barrio de Saramagoso (o fin de semana do 13 de xuño)
  • Festa dos fachos.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares do Viso

Lugares da parroquia do Viso no concello de Redondela (Pontevedra)

A Nogueira | Saramagoso | Soutoxuste | Tuimil

[editar] Parroquias de Redondela

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela

Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas