O Show de Gary Coleman
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The Gary Coleman Show | |
|---|---|
| Formato | Debuxos animados |
| Duración | 30 minutos (dividido en dous segmentos independentes de 15 minutos) |
| Creado por | William Hanna Joseph Barbera |
| Cadea | NBC |
| Día da estrea | 18 de setembro de 1982 |
| Última emisión | 3 de setembro de 1983 |
| Número de episodios | 30 |
O Show de Gary Coleman é unha serie de debuxos animados producida por Hanna-Barbera e emitida pola NBC na tempada 1982-1983. En Galicia a TVG emitiuna en 1986.
Desenvolvemento [editar]
A serie realizouse logo do éxito de Gary Coleman na comedia de situación Diff'rent Strokes e segue o argumento do telefilme tamén protagonizado por Gary The Kid with the Broken Halo. Na serie Coleman pon voz a Andy LeBeau, un aprendiz de anxo ao que envían á Terra para que gañe as ás axudando aos demais.