O Preço Certo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Preço Certo
Formato Concurso
Duración 40 min. (aprox.)
Producido por FremantleMedia Portugal
Presentado por Fernando Mendes
Carlos Cruz
Nicolau Breyner
Jorge Gabriel
Localización(s) Portugal Portugal
Cadea

Na rede
http://www.rtp.pt/programa/tv/p13007
IMDB: tt0048894 Editar o valor em Wikidata

O Preço Certo é un concurso actualmente producido pola FremantleMedia Portugal e emitido na RTP1. Da súa versión orixinal The Price is Right, foron feitas diversas adaptacións por todo o mundo.

En Portugal, o concurso tivo inicialmente unha versión na década dos 90, con Carlos Cruz, máis tarde pasouno a presentar Nicolau Breyner. A voz en off do programa era de Anonio Macedo. En 2002 o programa regresou á RTP1 co nome "O Preço Certo em Euros", presentado por Jorge Gabriel e coa voz en off de Miguel Vital, que se mantén ata hoxe. Un ano despois, o 29 de setembro de 2003, pasa a presentar o programa o actor e humorista Fernando Mendes. No outono de 2006, o programa volveu ao nome orixinal pasando a chamarse de novo "O Preço Certo".

Formato[editar | editar a fonte]

Para pasar á final de O Preço Certo, cada concursante que gañou no xogo preliminar, fai xirar a "Grande Roda" de forma que, cunha ou dúas voltas como máximo, se aproxime o máis posible a 100. Pasará o concursante que máis se aproxime ou iguale ese valor.

O finalista terá a posibilidade de gañar o gran escaparate final de premios, apostando polo prezo xusto dos premios presentados.

Os primeiros catro concursantes chamados constitúen o grupo inicial, en que cada un dos elementos intentará acadar, ou achegarse sen superar, o prezo xusto do produto que se lle presenta.

Ao acertar, o gañador pasa a un xogo intermedio, de forma que acumula máis premios e gaña a posibilidade de facer xirar a "Grande Roda".

Sempre que cada competidor gaña o xogo inicial, é substituído por outro da platea para integrar o grupo de xogadores ata completar un total de 6 xogadores por programa.

O día 5 de abril de 2014 foi emitido na RTP1 o especial "Preço Certo - Especial 2500" no pavillón Multiúsos de Fafe.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]