O Novo Emden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Novo Emden
Ficha técnica
Título orixinalO Novo Emden
DirectorMarcos Gallego
ProdutorMarcos Gallego
GuiónComba Campoy
MúsicaManuel Riveiro
FotografíaAntón Bugallo, Fran Piñeiro
Estrea20 de setembro de 2007
Duración61 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerodocumental
Orzamento180.000 €

O Novo Emden é un documental dirixido por Marcos Gallego en 2007. Trata sobre a viaxe do atuneiro Nuevo Emden do Grove a Concarneau en agosto de 1937, e posteriormente ó Caribe.

Características[editar | editar a fonte]

O guión e o traballo de investigación documental foi levado a cabo pola xornalista Comba Campoy a partir dos documentos incoados na causa militar [1] O documental, con posta en escena por parte de tres actores afeccionados do Grove (Atenea Fernández, Jacobo Otero e David Otero), inclúe narracións do relato escrito por Juan Aguiño, dono do barco, e entrevistas a Arturo Meis, o único sobrevivente na actualidade dos 18 homes que comezaron a viaxe.

O documental foi producido por Saga TV en coprodución coa TVG.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Causa nº 728/37, que garda o arquivo militar de Ferrol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]